Aviso legal

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago pretende, a través deste sitio web www.eoisantiago.org, facilitar o acceso do público á información relativa ás ensinanzas que nela se imparten. Malia que a web pretende proporcionar información actualizada e exacta, a Escola Oficial de Idiomas de Santiago non asume responsabilidade ningunha en relación coa información incluída.

A devandita información:

  1. É de carácter xeral e non sempre exhaustiva nin necesariamente actualizada.
  2. Contén enlaces con páxinas externas sobre as que a EOI non ten control ningún, e respecto ás cales declina toda responsabilidade.

Tentamos reducir ao mínimo os problemas ocasionados por erros de carácter técnico, pero algunhas informacións contidas na nosa web poden ter sido creadas en arquivos ou formatos non exentos de erros, por iso non podemos garantir que o servizo non quede interrompido ou afectado de calquera outro xeito. A Escola Oficial de Idiomas de Santiago non asume responsabilidade ningunha ao respecto.