A EOI de Santiago de Compostela, no seu centro de Vite, conta cunha biblioteca situada na planta baixa, que ofrece servizo de préstamo en sala e préstamo a domicilio. Para facer uso do mesmo cómpre ter o carné da biblioteca, que haberá que renovar anualmente.
Na sección de Sar, dende o curso 2019/20, o alumnado pode facer uso do servizo de biblioteca. Nas seccións de Negreira, Ordes e Ribeira, aínda que non se conta cunha biblioteca ao dispor do alumnado, o profesorado encárgase de tramitar o préstamo na propia aula.
Horario: luns de 17:30 a 19:00 e venres de 16:00 a 16:45. A partir de outubro.
Consulta as normas de funcionamento e o catálogo da biblioteca da Sección de Sar.
Horas de empréstito: luns, mércores, xoves e venres de 16:30 a 17:30.
Lugar: sala de nais e pais
Requisito: ser usuario da biblioteca e levar o carnet ou o DNI