A EOI de Santiago de Compostela conta co blog Erasmus + na EOI de Santiago de Compostela como medio de difusión do seu Plan de desenvolvemento europeo e aproveitamento das axudas recibidas dentro da Acción clave 1 de mobilidade de profesorado de persoas adultas.
Neste blog iremos dando conta das novas que se produzan no desenvolvemento do noso proxecto, así como das mobilidades que se vaian realizando. Fai clic na imaxe para seguirnos! ↓↓↓
Ven celebrar connosco a diversidade linguística no Día Europeo das Linguas
Participa e leva un premio!
26 de setembro, ás 19:30 na Sala de Actos
Velaquí o noso certificado de Acreditación Erasmus no ámbito da Educación de Persoas Adultas para o período 2021-27.
A EOI de Santiago de Compostela ven de acadar unha axuda de 29.748€ para o seu novo proxecto Erasmus+ 2018-2020.
O importe axudicado para realizar o noso Plan de Desenvolvemento Europeo (PDE) para a mobilidade do persoal docente corresponde a 17 mobilidades repartidas entre 11 cursos estruturados.
Ven saborear as linguas de Europa!
O día 26 de setembro, como todos os anos, celébrase o Día Europeo das Linguas. Na EOI celebrarémolo con sesións degustación de linguas na central de Vite (bretón, francés, sueco) e Ordes (alemán).
Estas sesións fan parte da programación conxunta que a nosa escola deseñou xunto co Centro de Documentación e Estudos Europeos da USC (CEDE) e o Centro de Linguas Modernas da USC (CLM).
Segue a ler e consulta toda a programación.
O profesor GEERT DE TROYER participa nun proxecto Erasmus + que consiste nunha estadía de observación na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, do 4 ao 8 de abril do 2016. O obxetivo da estadía é coñecer prácticas innovadoras no ensino de linguas estranxeiras, así como achegarse á realidade social, cultural e lingüística de Galicia, que visita por primeira vez. Geert de Troyer é profesor de lingua francesa no ensino secundario e profesor de lingua española para adultos no centro Campus de Helix na provincia flamenca de Limburgo.
A Escola Oficial de Idiomas de Santiago acolle durante as dúas últimas semanas de setembro a dúas alumnas do IIS Pietro Scalcerle de Padua (Italia) dentro da acción Leonardo do Programa de Aprendizaxe Permanente. Martina e Adelaide farán prácticas laborais prestando apoio nas labores de conserxería, secretaría e biblioteca no centro.
O seu Plan de Desenvolvemento Europeo (PDE) para a mobilidade do persoal docente recibe a máxima asignación económica dos só 25 proxectos seleccionados en todo o Estado, cun importe total de subvencións adxudicadas de 578.000€.
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2014.- O Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos (OAPEE) vén de facer públicas as listaxes de solicitudes aprobadas, rexeitadas e en listaxe de agarda dos Proxectos de Mobilidade da Acción Chave 1 (sector Educación de Persoas Adultas) correspondentes á Convocatoria de Propostas do Programa Erasmus+, aprobado recentemente polo Parlamento Europeo.