Taxas

Procedemento para pagar e custo das taxas para realizar estudos na EOI

Procedemento para aboar as taxas

Pode efectuar o pagamento de dous xeitos diferentes:

NAS ENTIDADES BANCARIAS:

  1. Retire o impreso de liquidación de taxas na conserxaría do centro e cúbrao consignando os seus datos persoais e os códigos de tramitación* (tamén pode xenerar un impreso estándar Modelo A, picar en "Descargar modelo en branco"):
    *CÓDIGOS DE TRAMITACIÓN
    Consellería de Cultura, Educación e O.U. 07
    Delegación da Coruña 10
    Servizo: Ensino Medio 03
    Taxa: Escolas Oficiais de Idiomas 350800
  2. Consigne nos impresos o importe da matrícula que ten que pagar.
  3. Efectúe presencialmente o ingreso do importe en calquera das entidades bancarias que figuran ao pé da folla de liquidación.
  4. Achegue copia do resgardo que lle devolva o banco á secretaría do centro segundo o procedemento establecido xunto coa demais documentación de matrícula. Aquí pode consultar o horario da secretaría do centro.

POR INTERNET:

  1. Acceda á Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia nesta ligazón, e siga a ruta: Cidadáns > Pago de taxas e prezos > Iniciar taxas (cadeado aberto) > Iniciar taxa (botón azul). Consigne os seus datos persoais e os códigos de tramitación* e dea a orde de pago. Asegúrese de que o importe é o correcto e non deixe de consignar un enderezo de correo electrónico.
  2. A aplicación deberálle xerar un xustificante de pago (modelo 730, como este), no que conste un código seguro de verificación (CSV), composto de 16 caracteres alfanuméricos. Teña coidado, porque a aplicación de pagamento xenera primeiro un  "Recibo de pago con tarxeta" que non é válido (como este). No caso de que deba retomar a operación, a aplicación xeraralle un código de verificación CSV que envía ao seu correo electrónico. Debe acceder de novo á Oficina virtual tributaria: Cidadáns > Pago de taaxas e prezos > Operacións realizadas (cadeado aberto)
  3. Achegue copia deste modelo á secretaría do centro segundo o procedemento establecido xunto coa demais documentación de matrícula. Posteriormente, a secretaría do centro contrastará os datos do pagamento.
  4. Aquí ten unha guía completa do procedemento de pago telemático.

 

As taxas das EOI de Galicia están reguladas polo Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17/06).

A matrícula para un ano de estudos dun só idioma nas EOI de Galicia custa entre 0 e 127 €, dependendo do tipo de alumnado e das exencións ás que poida ter dereito.

Acceda a estas ligazóns para ver:

Distribuir contido