TABOLEIRO DE NOVAS

COMEZO DOS EXAMES E FIN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS: O día 14 de maio comezan as probas de inglés, en Vite e todas as seccións, polo que a partir dese día, incluído, xa non haberá máis clases nese departamento. 

No resto de departamentos, as probas comezan o luns 20 de maio, polo que a partir dese día, incluído, xa non haberá máis clases. 

Letras Galegas 2024. Luisa Villalta

"Andei por Santiago

pisando estrelas

na noite

que as rúas devolveron

con luces e clamores

secretos

na noite."

Celebramos as Letras Galegas! Celebramos Luísa Villalta!

Poeta, violinista, narradora, dramaturga, ensaísta, activista da lingua. Todas as Luísa Villalta nunha!

Autora prolífica, innovadora, erudita, que nos deixou de súpeto no mellor da súa mocidade, hai 20 anos.

Ven celebrala connosco!

Silvia Penas e Sílvia Mota Lopes, poetas gañadoras do aRi[t]mar

 

Despois de máis dun mes de votacións, o público da gala aRi[t]mar, organizada pola nosa escola, decidiu que o poema “CANTO SEGUNDO PARA UN FILLO NON NADO”, da viguesa Silvia Penas, foi a Mellor Poesía do Ano 2023 na Galiza. Do mesmo xeito, “Há mulheres que trazem...”, da poeta bracarense Sílvia Mota Lopes, foi elixida a Mellor Poesía do Ano 2023 en Portugal.

A través de máis de 4.000 votos, o público de aRi[t]mar acordou galardoar estas poetas. No caso galego, por detrás de Penas situáronse os poemas “Declara a dor” de Chus Pato e “entra o sol cheirar a casa” de Celso Fernández Sanmartín. En Portugal, a Mota Lopes seguírona “A arte do roubo ás escuras” de Joana M. Lopes e “muda de lugar...” de César Pires.

English Conversation Classes with Arlene López

Would you like to improve your oral skills? Do you feel you need extra speaking practice? 

Then don't miss these conversation classes with Arlene Lopez!

Where? Sección de Sar (room AZ13)

Classes are open to B2.1, B2.2, C1.1, C1.2 and C2 students from the EOI de Santiago de Compostela (Vite and secciones).

Groups are limited to 10 people and will be filled on a first come, first served basis. 

Please sign up here!

Voyage, voyage

voyage

Voyagez avec les guides et les bandes dessinées de la bibliothèque.

Expériences et micro-aventures en France, Road trips en France, Carnets du Pérou, ... Plein de titres pour connaître le monde sans quitter la bibliothèque!

Tándem lingüístico na biblioteca

tandem

O equipo de biblioteca, en colaboración co departamento de español para estranxeiros, convida ao alumnado da EOI e as súas seccións a participar nun TANDEM LINGÜÍSTICO na biblioteca en Vite, unha actividade de conversa durante o curso 2023/24 na que dous alumnos/as poden reunirse regularmente para aprender cada un a lingua do outro desde a base da reciprocidade e a colaboración.

Como participar?

1) Achégate a biblioteca e enche a man dúas fichas que che facilitará o profesorado encargado.O alumnado das seccións interesado en participar pode enviar un mail a biblioteca@eoisantiago.org.

2) Recibirás un email cos pasos a seguir para porte en contacto con alumnado co que facer un tándem na biblioteca.

Distribuir contido