Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Información xeral sobre a matrícula oficial (curso 2017-2018)

A matrícula en modalidade oficial está dirixida ao alumnado que desexa asistir presencialmente aos cursos ordinarios que ofrece a EOI de Santiago de Compostela. Se é novo na EOI e ten pouco tempo, pinche na pizarra para obter unha guía fácil.guia_facil_thumbnail

Pinche nas seguintes ligazóns para obter máis información sobre:

Consideracións previas

Se quere matricularse por primeira vez na EOI de Santiago de Compostela debe ter en conta o seguinte:

  • para acceder aos estudos das EOI deberá cumprir os requisitos de idade das EOI (16 anos cumplidos no ano natural de comezo dos estudos para calquera idioma; 14 anos para un idioma diferente ao cursado como 1ª lingua na ESO)
  • non é preciso comezar os estudos desde o 1º curso do itinerario (básico 1); hai establecidas vías de acceso para ingresar nun curso superior
  • a EOI de Santiago de Compostela ofrece cursos de 7 idiomas diferentes (alemán, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, e portugués), en 6 localizacións distintas (para francés e inglés)
  • como as prazas dispoñibles son menos que os solicitantes, o alumnado de novo ingreso precisa preinscribirse e esperar unha adxudicación de prazas antes de poderse matricular; teña en conta que os prazos de preinscrición e matrícula varían segundo o curso ao que accede
  • para matricularse debe estar en posesión do DNI ou NIE (non é válido o pasaporte)
  • as datas de realización das probas parciais de progreso e finais de xuño e setembro poderán ser en días e horas diferentes aos horarios ordinarios das clases do curso no que se matricula; ademais, na convocatoria de setembro poderán coincidir as probas de distintos idiomas na mesma data e hora

A matrícula oficial está regulada pola circular de matrícula 

Idiomas e niveis que se ofrecen na modalidade oficial

No centro impártense cursos de 7 idiomas (alemán, español, francés, galego, inglés, italiano e portugués) nos niveis básico, intermedio, avanzado e C1. Na táboa especifícase a oferta para o curso 2017-2018.

Nivel MERL Alemán Español Francés Galego Inglés Italiano Portugués
Nivel A2 Básico 1 Básico 1 Básico 1   Básico 1 Básico 1  
Básico 2 Básico Integrado Básico 2 Básico Integrado Básico 2 Básico 2 Básico Integrado
Nivel B1 Intermedio 1   Intermedio 1   Intermedio 1 Intermedio 1  
Intermedio 2 Intermedio Integrado Intermedio 2 Intermedio Integrado Intermedio 2 Intermedio 2 Intermedio Integrado
Nivel B2 Avanzado 1   Avanzado 1   Avanzado 1 Avanzado 1  
Avanzado 2 Avanzado Integrado Avanzado 2 Avanzado Integrado Avanzado 2 Avanzado 2 Avanzado Integrado
Nivel C1 C1   C1 C1 C1   C1

 

Procedemento de preinscrición, adxudicación de prazas e matrícula na modalidade oficial

O alumnado oficial que continúa estudos do idioma desde o ano inmediatamente anterior (agás o alumnado que desexe acceder aos cursos de nivel C1 desde Avanzado 2), e o alumnado de That's English do ano anterior que quere continuar na modalidade oficial non precisa preinscrición no idioma no que quere continuar estudos, e deberá seguir estes pasos:

  1. Reserva de praza. Unha vez que teña cualificación (apto en xuño; ou apto/non apto en setembro), debe reservar a súa praza na aplicación en-liña CentrosNET.
  2. Pago das taxas. Consulte aquí como proceder ao pago das taxas (teña en conta que a aplicación de matrícula lle ofrecerá automáticamente vías para efectuar o pago).
  3. Formalización da matrícula. No prazo establecido, deberá presentar a documentación de matrícula na secretaría do centro (consulte o horario de atención na secretaría; a atención ao público nas extensións da EOI deberase consultar nos IES correspondentes) (o prazo varía segundo o alumno sexa apto en xuño ou setembro). A matrícula non será efectiva ata que non complete este paso.

O alumnado de novo acceso, é decir, todo aquel que non continúa estudos do idioma desde o ano inmediatamente anterior e todo o alumnado que desexe acceder aos cursos de nivel C1, deberá seguir estes pasos:

  1. Preinscrición. Para preinscribirse debe acceder á aplicación de preinscrición e seguir as instrucións. É importante que recorde o contrasinal de acceso e que cubra todos os datos que se lle piden, pois serán os que figuren no seu expediente. Pode modificar a súa preinscrición cantas veces queira ata o remate do seu período de preinscrición.
  2. Adxudicación de prazas. Deberá esperar á adxudicación de prazas no día seguinte ao remate do prazo de preinscrición e, accedendo á mesma aplicación de preinscrición, comprobar se foi admitido/a.
  3. Reserva de praza. Unha vez admitido/a, deberá reservar a súa praza desde a mesma aplicación en liña e pagar as taxas correspondentes (consulte aquí como proceder ao pago das taxas; é posible que a aplicación de matrícula lle ofreza automáticamente vías para efectuar o pago).
  4. Formalización da matrícula. No prazo establecido, deberá presentar a documentación en prazo na secretaría do centro (consulte o horario de atención na secretaría; a atención ao público nas extensións da EOI deberase consultar nos IES correspondentes). A matrícula non será efectiva ata que non complete este paso.

Custo da matrícula na modalidade oficial

Aquí pode ver información detallada sobre as taxas de matrícula, incluíndo as exencións.

Documentación que se debe presentar para formalizar a matrícula en modalidade oficial

Para formalizar a súa matrícula todo o alumnado deberá presentar no prazo indicado:

  • resgardo da reserva de praza que emite a aplicación en-liña (emite 2 copias automaticamente)
  • comprobante bancario ou en-liña do pago das taxas, debidamente cumprimentado
  • orixinal e copia do xustificante do dereito á exención de taxas (minusvalía, familia numerosa, funcionarios docentes, etc.), de ser o caso
  • orixinal e copia do xustificante de acceso directo por titulación, de ser o caso
  • no caso de fraccionar o pagamento da matrícula, documento para o pago do 2º prazo, cuberto cos 20 díxitos da conta bancaria para a domiciliación do pago fraccionado, cuberto e asinado, xunto co certificado da conta bancaria, onde conste o IBAN.

O alumnado que se matricula por primeira vez na EOI de Santiago de Compostela, deberá ademais presentar:

  • sobre de expediente, debidamente cumprimentado (recóllese na conserxería)
  • orixinal e fotocopia do DNI/NIE (non é válido o pasaporte)
  • 2 fotos carnet
  • para o alumnado menor de 16 anos, certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada, expedido polo centro onde estea matriculado consonte o modelo do anexo V da circular de matrícula
  • para o alumnado que cursase estudos noutra EOI de Galicia, certificación académica da EOI de orixe
  • para o alumnado que acceda aos cursos de nivel C1, fotocopia cotexada do certificado de nivel avanzado ou certificado de aptitude nese idioma expedido por unha escola oficial de idiomas, ou no seu defecto, certificación académica expedida pola EOI correspondente acompañada do xustificante de ter aboados os prezos públicos para a expedición do certificado.

No caso de discapacidade, deberase achegar documentación acreditativa e, se solicita adaptacións, cubrir esta solicitude e entregala xunto co resto da codumentación de matrícula.

Oferta de grupos e horarios

Consulte a oferta de grupos e horarios premendo no idioma correspondente

 

Alemán Español Francés (Vite e Noia) Galego

Inglés (Vite e seccións)

Italiano Portugués

 

Calendario de preinscrición e matrícula en modalidade oficial

IMPORTANTE:

  • AS DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARCIAIS DE FEBREIRO E FINAIS DE XUÑO E SETEMBRO PODERÁN REALIZARSE EN DÍAS E HORAS DIFERENTES AOS HORARIOS ORDINARIOS DAS CLASES DO CURSO NO QUE SE ESTEA MATRICULADO.
  • NA CONVOCATORIA DE SETEMBRO PODERÁN COINCIDIR AS PROBAS DE DISTINTOS IDIOMAS NA MESMA DATA E HORA.