Estudos ofertados no centro

1. Cursos ordinarios e de especialización

A EOI de Santiago de Compostela ofrece cursos ordinarios de alemán, español, francés, galego, inglés, italiano e portugués, estruturados segundo os as niveis A1, A2, B1, B2, C1 e C2 establecidos polo Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). A duración total dos estudos varía dependendo do idioma. 

O plan de estudos de alemán articúlase en 8 cursos. 

a) Nivel básico A1 e A2: dous cursos, A1 (nivel A1 do MCERL) e A2 (nivel A2 do MECRL).

b) Nivel intermedio B1: dous cursos, B1.1 e B1.2 (nivel B1 do MECRL).

c) Nivel intermedio B2: un curso, B2 (nivel B2 do MECRL).

d) Nivel avanzado C1: dous cursos, C1.1 e C.1.2 (nivel C1 do MECRL).

e) Nivel avanzado C2: un curso. C2 (nivel C2 do MECRL).

 O plan de estudos de español, galego e portugués articúlase en 5 cursos.

a) Nivel básico A2: un curso, A2 (nivel A2 do MCERL).

b) Nivel intermedio B1: un curso, B1 (nivel B1 do MECRL).

c) Nivel intermedio B2: un curso, B2 (nivel B2 do MECRL).

d) Nivel avanzado C1: un curso, C1 (nivel C1 do MECRL).

e) Nivel avanzado C2: un curso, C2 (nivel C2 do MECRL).

 O plan de estudos de inglés, francés e italiano articúlase en 7 ou 8 cursos. 

a) Nivel básico A1 e A2: un curso, A2 (nivel A2 do MCERL) ou dous cursos, A1 e A2 (nivel A2 do MCERL).

b) Nivel intermedio B1: un curso, B1 (nivel B1 do MECRL).

c) Nivel intermedio B2: dous cursos, B2.1 e B2.2 (nivel B2 do MECRL).

d) Nivel avanzado C1: dous cursos,  C1.1 e C.1.2 (nivel C1 do MECRL).

e) Nivel avanzado C2: un curso,  C2 (nivel C2 do MECRL).

 Ao rematar cada nivel o alumnado obtén o certificado correspondente:

  • Nivel básico: certificado de nivel básico (A2).
  • Nivel intermedio B1: certificado de nivel intermedio (B1).
  • Nivel intermedio B2: certificado de nivel intermedio (B2).
  • Nivel avanzado C1: certificado de nivel avanzado (C1).
  • Nivel avanzado C2: certificado de nivel avanzado (C2).

O alumnado que aprobe unha ou varias destrezas pode solicitar un certificado que o acredite.

Os cursos ordinarios poden ser:

  • anuais: 120 horas de duración, de setembro a xuño, repartidas con caracter xeral en dúas sesións semanais de 2 horas.
  • intensivos: 120 horas de duración, de setembro a febreiro ou de febreiro a xuño. Teñen 8 horas de clase semanais e permiten completar dous cursos dun mesmo nivel nun curso académico, xa que o alumnado que supera o curso do 1º cuadrimestre ten preferencia á hora de se matricular no curso do 2º cuadrimestre (esta modalidade só está dispoñible para algúns idiomas e niveis)
  • de nivel integrado (só no caso de español, galego e portugués): 120 horas de duración, de setembro a xuño, repartidas en dúas sesións semanais de 2 horas. Nestes cursos impártense os contidos correspondentes a un dos niveis A2, B1, C1 e C2 do MECRL nun curso académico. 

2. Cursos de actualización e especialización para o profesorado

Son cursos organizados en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). A oferta de cursos varía dependendo da lingua. Ofrécense:

Cursos de actualización lingüística e comunicativa de francés e inglés (CALC)

De 120 horas de duración, de setembro a xuño, de nivel A2, B1 e C1.

Outros cursos de formación en idiomas

De nivel básico, intermedio e avanzado. Cada nivel estrutúrase en un ou máis módulos de 30 horas.

O alumnado que asiste ao 85% do curso obtén un certificado de asistencia ou aproveitamento, e pode matricularse nos exames libres sempre e cando cumpra os requisitos para facelo.

Que un alumno estea matriculado nun curso de actualización e pefeccionamento non implica que teña prioridade para matricularse no curso seguinte como alumnado  oficial nun curso ordinario, polo que terá que seguir o procedemento de matrícula para alumnado novo.

Estar matriculado nun curso de actualización e pefeccionamento é compatible con estar matriculado nun curso ordinario do mesmo idioma. Pódese obter máis información sobre estes cursos no CAFI.

Cursos de formación en inglés ou francés para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira do profesorado

Dentro da Fase A do Programa integral de aprendizaxe das linguas estranxeiras (PIALE), (75 horas). Máis información aquí.

3. Cursos monográficos para colectivos profesionais e público en xeral.

Na EOI de Santiago ofrécense cursos monográficos dirixidos a distintos colectivos profesionais:

Cursos monográficos de galego

Organizados en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística: Hai cursos de linguaxe administrativa galega de niveis medio e superior, de 75 horas de duración, dirixidos a funcionariado e tamén cursos de 60 horas de duración preparatorios para examinarse dos certificados de lingua galega (CELGA). Consulte a oferta actual aquí.

Cursos de formación de profesorado durante o verán

Cursos dirixidos a profesionais do eido da educación sobre temas metodolóxicos e de avaliación e certificación. Máis información aquí.

4. Ensinanza semipresencial.

A EOI de Santiago é centro de apoio titorial do programa That’s English, que permite estudar inglés a distancia. Máis información aquí.

5. Alumnado libre.

Nos meses de marzo e/ou abril ábrese o período de matrícula para as persoas que queren obter os certificados da EOI examinándose por libre (sen dereito a asistir ás clases). O alumnado libre pode matricularse en calquera nivel das probas de certificación.