Funcionamento

PLAMBE

No curso 2023/24 o noso centro foi seleccionado para integrarse no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) logo da solicitude feita ao abeiro da Resolución do 6 de xuño de 2023 da Dirección xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros  públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o curso 2023/24. 

Este programa concibe a biblioteca como un elemento estratéxico para a innovación pedagóxica, que pode axudar a revitalizar as prácticas educativas e a vida cultural da escola, proporcionando ao profesorado e ao alumnado oportunidades para o emprego de múltiples recursos que permitan unha progresiva autonomía na aprendizaxe.

 

Como funciona o servizo de préstamo

A EOI de Santiago de Compostela, no seu centro de Vite, conta cunha biblioteca situada na planta baixa, que ofrece servizo de préstamo en sala e préstamo a domicilio. Para facer uso do mesmo cómpre ter o carné da biblioteca, que haberá que renovar anualmente. A biblioteca é un centro de referencia de recursos da lectura, da información e da aprendizaxe de idiomas, un “centro creativo das aprendizaxes”, de carácter dinámico e en constante actualización. 

No curso 2023/24 o noso centro foi seleccionado para integrarse no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares logo da solicitude feita ao abeiro da Resolución do 6 de xuño de 2023 da Dirección xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros  públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o curso 2023/24. 

Plambe

Este programa concibe a biblioteca como un elemento estratéxico para a innovación pedagóxica, que pode axudar a revitalizar as prácticas educativas e a vida cultural da escola, proporcionando ao profesorado e ao alumnado oportunidades para o emprego de múltiples recursos que permitan unha progresiva autonomía na aprendizaxe.

Na sección de Sar, dende o curso 2019/20, o alumnado pode facer uso do servizo de biblioteca. Nas seccións de Negreira, Ordes e Ribeira, aínda que non se conta cunha biblioteca ao dispor do alumnado, o profesorado encárgase de tramitar o préstamo na propia aula.

Servizo de biblioteca na sección de Sar

Horario: luns de 16:10 a 17:50; luns de 18:50 a 20:30; xoves de 20:45-21:15. A partir do 16 de outubro.

Servizo de biblioteca na sección de Ordes

Horario: 

  • mércores de 16:30 a 17:00
  • xoves de 19:00 a 19:30
  • venres de 16:00 a 17:00

Servizo de biblioteca na sección de Noia

Horas de empréstito: luns, mércores, xoves e venres de 16:30 a 17:30.
Lugar:  sala de nais e pais
Requisito:  ser usuario da biblioteca e levar o carnet ou o DNI

Servizo de biblioteca na sección de Ribeira

Horario: venres de 15:30 a 16:00 e de 18:00 a 18:50.

Visita o blog da biblioteca da Sección de Ribeira nesta ligazón.

Distribuir contido