Actividades culturais

Coro plurilingüe

O coro plurilingüe, pluricultural e plurinacional da nosa EOI, ofrécevos esta canción multilingüe como colofón do ano lectivo.

“Wellerman” é unha das variadas pezas do repertorio do noso coro, que neste caso versioneou na maioría das linguas que se aprenden no noso centro.

Queres saber un bocado máis da canción e da súa orixe?

A canción “Wellerman” é unha tradicional canción mariñeira da Nova Zelandia que data do século XIX. Pertence ao xénero das “sea shanties,” que eran utilizadas polos mariñeiros para coordinar o traballo e manter o ritmo durante as tarefas arduas a bordo dos barcos. A letra reflicte as experiencias dos mariñeiros e baleeiros da época.

↓↓

Aulas de conversação online

aula de conversasao

Esta será nossa última oportunidade de conversarmos juntos sobre esse tema tão relevante e que pouca atenção recebe. Será uma aula de conversação, então espero que todos participem ativamente!

27/05 10:00-11:00h

30/05 17:30-18:30h

ATENÇÃO: Os encontros serão feitos de forma remota! Os inscritos receberão um e-mail com a sala do google meet para participar.

INSCREVA-SE AQUI!

O Podcast Club da EOI recomenda...

podcast club

 

Queres mellorar o teu listening pero non sabes por onde empezar? Xa tes un nivel alto pero non sabes onde buscar? Tes que escoitar as recomendacións que che damos para o verán!

Neste episodio, escoitarás as recomendacións dos nosos expertos do Podcast club. De aprendente a aprendente. E se nos queres facer recomendacións, xenial!

Silvia Penas e Sílvia Mota Lopes, poetas gañadoras do aRi[t]mar

 

 

Despois de máis dun mes de votacións, o público da gala aRi[t]mar, organizada pola nosa escola, decidiu que o poema “CANTO SEGUNDO PARA UN FILLO NON NADO”, da viguesa Silvia Penas, foi a Mellor Poesía do Ano 2023 na Galiza. Do mesmo xeito, “Há mulheres que trazem...”, da poeta bracarense Sílvia Mota Lopes, foi elixida a Mellor Poesía do Ano 2023 en Portugal.

A través de máis de 4.000 votos, o público de aRi[t]mar acordou galardoar estas poetas. No caso galego, por detrás de Penas situáronse os poemas “Declara a dor” de Chus Pato e “entra o sol cheirar a casa” de Celso Fernández Sanmartín. En Portugal, a Mota Lopes seguírona “A arte do roubo ás escuras” de Joana M. Lopes e “muda de lugar...” de César Pires.

Encontro con Jaione Camborda, directora de cinema

Encontro coa directora de cinema Jaione Camborda.

Premio Mellor film Mestre Mateo polo filme O corno
Cuncha de Ouro Festival de Donostia
Goya a Mellor actriz revelación para Janet Novás

Luns de 13 de maio ás 19.30 h no Salón de actos
Organiza EDLG e Departamento de Galego

Vota para escolleres os mellores poemas de 2023

Até o día 13 de maio en www.aritmar.gal permanecerá aberto o prazo para escoller as mellores poesías galegas e portuguesas do ano 2023 do noso certame aRi[t]mar galiza e portugal. Son 10 poesías de cada país as que optan a ser elixidas polo público como Mellor Poesía do Ano na Galiza e Mellor Poesía do Ano en Portugal.

As pezas finalistas para o premio a Mellor Poesía do 2023 na Galiza, son: Toco a túa vida na miña boca, de Ángel Suanzes; Sopras un dente de león cos labios moi xuntos, de Carlos Negro e Raquel Senra; (ESTA CASA DURMIDA), de Carlos Penela; entra o sol cheirar a casa, de Celso Fernández Sanmartín; Declara a dor, de Chus Pato; CRÓNICA, de Helena de Carlos; Pilara da Fraga, de Lupe Gómez; a viaxe é por dentro, de O Leo; CANTO SEGUNDO PARA UN FILLO NON NADO, de Silvia Penas; e NÓMADAS, de Xaquín Núñez e Ana Cea.

50 anos de abril na Galiza (com final musical)

25 avril

Passados 50 anos da revolução dos cravos, o que trouxe aquela revolução aos galegos e galegas?

É o que iremos desvendar com três dos autores (Carlos Pazos-Justo, Roberto Samartim e Sónia Duarte) do livro 50 anos de abril na Galiza.

25 de abril, às 17h00 na sala de atos da EOI.

Finalizaremos a unir a nossa voz a muitos compostelanos que irão cartar o “Grândola” na praça da Música (Auditório da Galiza) às 18h30. 

 

Premio especial do xurado aRi[t]mar à Embaixada da amizade galego-lusófona

O xurado dos premios aRi[t]mar da música e a poesía galego-portuguesa vén de decidir que a Sociedade Cultural e Desportiva do Condado será a entidade recoñecida co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona na próxima edición da gala. O galardón entrégase todos os anos a aquela persoa, agrupación ou entidade que teña demostrado un gran compromiso coa construción de pontes culturais entre a Galiza e a Lusofonía, ocorrendo ademais na véspera do 25 de abril, co motivo da conmemoración da Revolución dos Caraveis.

A Sociedade Cultural e Desportiva do Condado é unha entidade cunha longa traxectoria. Nada en Salvaterra do Miño da participación de

8th Mini Saga Contest Results

congrats

We are delighted to announce the winners of the 8th Mini Saga Contest of the EOI de Santiago de Compostela.

A panel of teachers from the English department has chosen 3 stories from the 7 finalists and has awarded 3 prizes:

"The Cohesion Family" by Marta Vázquez

"Waiting For My Beloved" by Olga Iglesias

"Long-term Relationship" by Ramiro Cascallana

Thanks to all the participants for their amazing stories and special thanks to all the students and teachers who have voted for the favourite!

Looking forward to the 9th edition next year!

Innovart 2024

Innovart

 

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades organiza InnovArt'24: unha feira de ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas, que terá lugar os días 18 e 19 de abril no Museo Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, e na que participan as EOI de Galicia.

O horario de apertura, tanto o xoves 18 coma o venres 19, será de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

Distribuir contido