Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Quen somos

A EOI de Santiago de Compostela

EOI de Santiago de CompostelaA Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela é un centro docente público que imparte as ensinanzas de idiomas de réxime especial establecidas no artigo 59 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (LOE)

A EOI de Santiago de Compostela, xunto coas demais escolas oficiais de idiomas galegas, pertence á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e fai parte da rede de EOIs de todo o Estado.

O noso centro foi creado ao abeiro do Decreto 104/2001, de 3 de maio, e comezou a súa andaina no curso académico 2001/2002, atendendo á gran demanda que existía na sociedade compostelá e na súa comarca. Alén da sede central en Santiago (Vite), conta con cinco extensións: Santiago (Sar), Negreira, Noia, Ordes e Ribeira.

A nosa finalidade é a capacitación do noso alumnado, maioritariamente adulto, no uso efectivo das linguas que impartimos e mais a acreditación da súa competencia nas mesmas, co obxectivo de fomentar o plurilingüísmo entre a poboación, a aprendizaxe e formación permanentes e o respecto e recoñecemento da diversidade lingüistica e cultural, consoante o proxecto educativo do centro.

A súa organizacion e funcionamento recóllese no Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia que establece o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, desenvolvido pola Orde do 5 de agosto de 2011.

Podes descargar un tríptico informativo aquí.

Our school: Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela

Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela

The Escolas Oficiais de Idiomas (Official Schools of Languages) are a national network of public educational institutions specialized in teaching foreign languages to young learners and adults, integrated in the Spanish Education System as Specialised Education. Spain is one of the few countries in the EU offering this kind of public education and issuing official certificates for it.

At the Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela we offer general courses in seven languages: English, French, Galician, German, Italian, Spanish and Portuguese, covering different levels in the Common European Framework of Reference for Languages (CEFR): A1, A2, B1, B2 and C1. We also provide courses of languages for specific purposes, such as business, tourism, and education professionals willing to implement CLIL methodology in their teaching practice.

Our school started running in 2001, and it has dramatically grown since then, having nearly five thousand students and 62 teachers at the moment, distributed between a main building in Santiago de Compostela and five branches in different villages nearby.

We aim to promote multilingual skills among the adult population, as a way of enhancing European cohesion and new opportunities for mobility and employability.

For further information about our school, please click here.

For further information on the Spanish Education System, please check Eurypedia (European Encyclopedia of National Education Systems).

Distribuir contido