PLAMBE

No curso 2023/24 o noso centro foi seleccionado para integrarse no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) logo da solicitude feita ao abeiro da Resolución do 6 de xuño de 2023 da Dirección xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros  públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o curso 2023/24. 

Este programa concibe a biblioteca como un elemento estratéxico para a innovación pedagóxica, que pode axudar a revitalizar as prácticas educativas e a vida cultural da escola, proporcionando ao profesorado e ao alumnado oportunidades para o emprego de múltiples recursos que permitan unha progresiva autonomía na aprendizaxe.