A Resolución do 13 de xuño de 2023 (DOG do 22 de xuño) convoca, con carácter gratuíto, cursos nas EOI de Galicia en-liña de linguaxe administrativa galega para funcionarios (LAG) e presenciais preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega (CELGA). Os cursos realizaranse nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican na convocatoria.
Prazo para a presentación de solicitudes: 3-14 de xullo para os cursos do primeiro cuadrimestre, e 13-24 de novembro para os cursos do segundo cuadrimestre. Prégase ler o texto completo da convocatoria e consultar os requisitos e a documentación requirida.