Actividades

Rosalía por Compostela con Mercedes Espiño Amil

rosalia

Agora que se achega o Día de Rosalía, sabes onde naceu a nosa autora máis universal? Onde viviu coa súa familia?
Mercedes Espiño Amil, autora do libro Espazos de Rosalía en Compostela guiará os nosos pasos por lugares relacionados coa escritora adolescente, moza, e adulta.
Martes 27 de febreiro ás 17:30 Praza de Vigo
As prazas son limitadas, inscríbete aquí.
Para saber máis, visita este sitio web.

Encontro con Noa Sobrino: Entroido, muller e tradición

Participa nun encontro con Noa Sobrino Lamas, peliqueira de Laza e filóloga, que ven de realizar uns traballos de investigación sobre as figuras tradicionais do Entroido e os estereotipos de xénero.

Mércores 7 de febreiro ás 19:30 no Salón de actos

Organiza o EDLG en colaboración co Departamento de galego

 

Café Mundial en galego

cafe

Quedamos para falarmos de libros,  intercambiar ideas de pelis e debater sobre temas diversos?

Imos xuntarnos ao redor dun café na biblioteca para falarmos da actualidade, coñecernos e pasar un bo momento.

Mércores 13 de decembro ás 18:00 na biblioteca

As prazas son limitadas. Inscríbete a través deste formulario.

Obradoiro multilingüe "Que pouca vergonza!"

Aprende trucos para perder a vergonza e falar de forma improvisada e divertida! poster impro

O actor Simone Negrin dará o obradoiro en galego e os distintos grupiños utilizarán os idiomas estudados na escola.

Luns 20 de novembro ás 19:30 Aula 9

Inscríbete neste formulario.

Organiza o EDLG

Conversa entre Kathleen March e Susana Sanches Arins

- Seique vén Kathleen March á EOI?!

- Si, e seique vén con Susana Sanches Arins!!
Queres saber máis destas dúas filólogas e da obra que as une?

O vindeiro martes 3 de outubro ás 20:00 horas no Salón de actos da EOI a escritora Susana Sanches Arins presentará na nosa escola á filologa estadounidense Kathleen March (Universidade de Maine), recentemente nomeada académica de honra pola Real Academia Galega.

Kathleen March é a tradutora da obra Seique (Através Editora) ao inglés And they say (Small Stations Press). O libro de Susana Sanches Arins obtivo o premio na V Gala do libro galego na categoría de narrativa no ano 2020, e a tradución feita pola mesma autora Dicen (De Conatus) o premio outorgado polos libreiros de Madrid como Libro do ano ao mellor libro de ficción no 2019.

Constitución do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Gústache o galego? Queres participar nas actividades de cultura e lingua galega?

Contacta coa coordinadora, envía un mail a ikerdudo@eoisantiago.org

Mércores 4 de outubro às 12:00 na Aula 1

Imaxe:https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Pandeireteiras_%28Arteixo_2020%29.jpg

26 de setembro, Día Europeo das Linguas

 

 

Ven celebrar connosco a diversidade linguística no Día Europeo das Linguas

Participa e leva un premio!

26 de setembro, ás 19:30 na Sala de Actos

Visita ao Museo de Historia Natural

Ven coñecer a biodiversidade e xeodiversidade da Galiza cunha visita polo Museo de Historia Natural guiada por unha bióloga.

Inscrición previa obrigatoria neste formulario. Prazas limitadas.

O martes 9 de maio de 2023 ás 18:00 horas.

Contacto: ikerdudo@eoisantiago.org

Club de lectura en galego 'Amantes dos libros': 'A carteira' de Santiago Lopo

Non deixes de participar na próxima sesión do Club de lectura en galego!

Nesta ocasión falaremos con Santiago Lopo sobre a súa obra A carteira.

Agardámoste o vindeiro mércores 3 de maio 2023, ás 19:30 horas na biblioteca.

Concerto: Banhar-nos-emos nas ondas!

 

Melodías suaves, bucles vocais, percusións marcadas e atmosferas rascadas son elementos esenciais da súa particular expresión artítistica. Na súa proposta misturan música medieval galaico-portuguesa, ambiente hip-hop e poesía, poñendo especial atención nas obras de Martin Codax, Airas Nunes, Rosalía de Castro, Luz Fandiño e Xela Arias.

Concerto: LaMontagne&PicoAmperio

Martes 18 de abril, 20:30 h no Riquela Club. Entrada gratuíta

Xornadas A lingua e o reino, entre Compostela e Braga

Organización e curadoría: Deputación da Coruña e Rede da GaliLusofonia

En colaboración coa Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela

Distribuir contido