Conversa entre Kathleen March e Susana Sanches Arins

- Seique vén Kathleen March á EOI?!

- Si, e seique vén con Susana Sanches Arins!!
Queres saber máis destas dúas filólogas e da obra que as une?

O vindeiro martes 3 de outubro ás 20:00 horas no Salón de actos da EOI a escritora Susana Sanches Arins presentará na nosa escola á filologa estadounidense Kathleen March (Universidade de Maine), recentemente nomeada académica de honra pola Real Academia Galega.

Kathleen March é a tradutora da obra Seique (Através Editora) ao inglés And they say (Small Stations Press). O libro de Susana Sanches Arins obtivo o premio na V Gala do libro galego na categoría de narrativa no ano 2020, e a tradución feita pola mesma autora Dicen (De Conatus) o premio outorgado polos libreiros de Madrid como Libro do ano ao mellor libro de ficción no 2019.