Actividades

Tándem en bici

Bicicletas antigasEn bici, mobilidade a debate! Adeus fumes, atascos, problemas para aparcar... Aposta pola bici como medio de transporte alternativo, ecolóxico e saudábel.

O mércores 16 de decembro 2015 ás 17:00 no salón de actos.

Organiza o EDLG.

Concurso de Felicitacións de Nadal 2015

NadalCrea unha felicitación de Nadal e participa no concurso! Contribúe a que todo o mundo teña unha para enviar! Hoxe en día a xente manda cada vez máis felicitacións a través do Facebook e do WhatsApp; mais aínda non hai moitas en galego.

Agora poderás crear a túa felicitación para participar no concurso e, ademais, para enviárllela a quen desexes e para que todo o mundo poida facer o mesmo con ela.

Atención: prazo ampliado até o día 16 de decembro!!

Concurso de cartaces CinEOI 2016

Concurso de cartacesParticipa no concurso de cartaces! Consulta as bases!

Data límite de entrega : 11 de xaneiro 2016.

Organiza o EDLG.

Debate sobre as causas e solucións para acabar coa violencia de xénero

Falando das imaxes sexistas na publicidade, dos roles nos programas televisivos, do papel fundamental das institucións educativas, da educación en valores, da necesidade de leis que protexan as mulleres, etc... Un debate moi enriquecedor, grazas a todas as persoas que participaron!

Grazas!

Debate sobre as causas e solucións para acabar coa violencia de xénero

Debate sobre as causas e solucións para acabar coa violencia.
Día internacional contra a violencia de xénero.
Non máis violencia contra as mulleres!

O mércores 25 de novembro de 2015 ás 17:00 na sala de lectura.
Organiza o EDLG.

Tándem en galego

Gústache falar galego sobre temas de actualidade, cultura, ecoloxía, etc.? Queres mellorar o teu nivel de lingua e coñecer outras persoas? Podes axudar estudantes de galego que queren practicar o idioma? Ven falar con nós de modo informal! Esta é a primeira xuntanza do curso!

O mércores 11 de novembro de 2015 ás 17:30 no Salón de actos.

Organiza o Departamento de galego e o EDLG.

Síguenos en Facebook : tándem en galego

Á Conversa cos escritores Ledicia Costas e Pedro Guilherme-Moreira

Pedro Guilherme-Moreira

Ledicia Costas

CONVERSAS NORTEAR GALICIA-NORTE DE PORTUGAL: UN UNIVERSO COMÚN?

Organizados polas Direccións de Cultura de Galicia e o Norte de Portugal, os encontros entre escritores galegos e portugueses chegan á nosa escola, en colaboración co equipo de dinamización lingüística e os departamentos de galego e portugués, e onde o público presente terá tamén a voz e a palabra.

Luns, 23 de novembro 2015, ás 20:00h, no Salón de Actos da EOI.

Exposición "Catalá: llengua d'Europa"

Exposición catalánUnha exposición organizada polo Departamento de Cultura da Generalitat de Catalunya que mostra a vitalidade do catalán no marco das linguas de Europa.

13-25 de maio de 2015
Planta baixa da EOI
Organiza: EDLG e Departamento de Galego

Olloboi 2015

Chegou o momento de escoller o Premio ao Público do certame Olloboi 2015.

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago presenta 2 curtas:

Bágoas manchadas,  de Carlos Montes (alumno de inglés).

Excursión a Campo Lameiro e Pontevedra

Campo LameiroDescubre a beleza dos nosos petróglifos e a riqueza da arte castrexa! Aprende a facer lume!
Nesta excursión imos visitar o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro e o Museo de Pontevedra.

Distribuir contido