Actividades

Iceberg colaborativo contra a violencia de xénero

Xuntémonos contra a violencia de xénero! Cantos termos podemos dicir para colaborar co iceberg sobre violencia de xénero?

Escribe nas etiquetas de papel adhesivo termos relacionados coa violencia de xénero. Coloca as manifestacións visíbeis na parte superior e as manifestacións que non se ven debaixo do nivel da auga. Os que se sitúan na parte superior amosan aquel tipo de violencia máis visible, os que fican debaixo da auga refírense á violencia que non se ve, pero que igualmente existe.
Cada idioma ten unha cor determinada; haberá sete cores correspondentes aos sete idiomas da escola.

Café negro con letras

Tras a visita á biblioteca, descubriremos as obras máis negras de entre todos os fondos bibliográficos. Logo comentaremos e recomendaremos as nosas lecturas favoritas en galego mentres tomamos café. Vide!

O mércores 21 de novembro  das 16:00 ás 18:00 na biblioteca do centro.

EXPOSICIÓN Galicia mártir, Atila en Galicia e Milicianos

Álbums de guerra de Castelao

Castelao publicou Galicia mártir, o primeiro dos tres álbums da guerra en 1937 co obxectivo de denunciar a nivel internacional a represión que estaba sufrindo Galicia. Inclúe a estampa titulada “A derradeira lección do mestre”, cuxa versión ao óleo está exposta actualmente no Museo Gaiás da Cidade da Cultura. 

Novembro – decembro 2018 nos corredores da escola en Vite, 1º e 2º andar.

Constitución do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Interésache a lingua e a cultura galega? Queres formar parte do Equipo? Ven participar á reunión ou manda un mail á coordinadora  ikerdudo@eoisantiago.org

O mércores 17 de outubro de 2018 ás 12:00 na aula 10

Organiza EDLG 

Conversa con Anxo Moure

Anxo MoureTitiricletas, ciclobibliotecas, cesticlestas, minicletas, a imaxinación pedalea en bicicleta.

O mércores 11 de abril de 2018 ás 18:00 h no salón de actos.

Anxo Moure contacontos, escritor e activista no ecoloxismo e ecopacifismo. O seu proxecto Contos Solidarios defende o conto como ferramenta educativa, de sensibilización e loita para construír un mundo en harmonía co ecosistema e garante da xustiza social.

Mesa Redonda: A literatura universal traducida ao galego

Ven escoitar a profesionais da tradución, e pon a proba a túa habilidade tradutora! Mesa redonda sobre a literatura universal traducida ao galego, para o que contaremos coa presenza de catro profesionais deste eido: María Alonso Seisdedos, Patricia Buxán, Isabel Soto e Alejandro Tobar Salazar.

Con especial atención ás literaturas de lingua alemá, francesa, inglesa e italiana, a mesa redonda tratará sobre:
- a representación destas literaturas na nosa lingua,
- o estado actual da tradución literaria ao galego,
- o seu mercado e posibilidades actuais,
- a transmisión cultural a unha lingua minorizada.

Data: 14 de marzo de 2018

Queres ir ao teatro?

Martes de CarnavalO Centro Dramático Galego presenta Martes de Carnaval baixo a dirección de Marta Pazos. A compañía pública galega contribúe á incorporación de Ramón María del Valle-Inclán ao repertorio teatral en galego, no ano en que quedaron liberados os dereitos da súa obra, coa posta en escena de dúas pezas da triloxía Martes de Carnaval: As galas do defunto e A filla do capitán.

Distribuir contido