Co alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.
NOVO: galería de fotos e video do conxunto de guitarras
Consulte o programa do concerto e as letras das cancións e panxoliñas.
Xoves 18 de decembro ás 19.30 h.
Participa no concurso de cartaces! Consulta as bases!
Data límite de entrega: 30 de decembro de 2014
Organiza: EDLG
Gústache camiñar e coñecer novos espazos verdes? Queres coñecer outras persoas e falar en galego? Ven pasear con nós!
O martes 25 de novembro ás 16:30 (duración hora e media).
Punto de encontro: parada de bus diante do Estadio de Santa Isabel.
Apúntate na conserxaría!
Organiza: departamento de galego e EDLG
ATENCIÓN! Cambio de data e aula: mércores 19 de novembro de 2014, ás 19.30, na aula 13.
Participa na videoconferencia co director de A esmorga e descubre como se cociñou este filme que se vai estrear o 21 de novembro en todas as salas de cinema galegas e que vai dar moito que falar!
Non todos os días podemos falar cun coñecido director dun filme que promete ser a revelación da temporada para preguntarlle todo o que queiramos sobre a elaboración do guión, o financiamento, a rodaxe…
Cantos xornais dixitais en galego se poden atopar hoxe en día? Cantos quedan en papel? Hai algún todo el en galego? E cal é a situación da radio e da TV? Ven á mesa redonda se queres saber máis deste tema!
Unha actividade imprescindible para coñecer de primeira man a situación actual dos medios de comunicación galegos, a través das variadas perspectivas das persoas participantes, todas elas profesionais do sector.
Gústache o galego? Queres coñecer outras persoas? Ven falar con nós!
O mércores 5 de novembro de 2014 ás 16:30 na sala de lectura.
Organiza o Departamento de galego e o EDLG.
Síguenos en Facebook : Tándem en galego