Innovart 2026

InnovArt'26: artísticas, deportivas e idiomas

Organizado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

11 e 12 de febreiro na Cidade da Cultura de Galicia.

Horario de Apertura

  • Mércores 11 de febreiro:
    de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.
  • Xoves 12 de febreiro:
    de 10.00 a 14.00 horas.

Confluencia de Ensinanzas

Contarase cunha zona de 4.100 m² (andares -1 e 0 do Museo Centro Gaiás), na que as persoas asistentes poderán participar en:

  • Mostra e exhibición das distintas ensinanzas.
  • Obradoiros de artes plásticas e deseño.
  • Traballos de conservación e restauración de bens culturais.
  • Actividades didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas.
  • Actividades deportivas.
  • Espazos escénicos con actuacións en directo.

Inscrición de Centros Educativos e Contacto

No caso de grupos provenientes de centros educativos, a solicitude de asistencia debe realizarse a través dos enlaces facilitados por correo electrónico aos centros educativos galegos.

O acceso a estes espazos ten carácter totalmente gratuíto.

Contacto para inscricións de asistencia (InnovArt):

981 569 194

Contacto para reserva de obradoiros (Platega):

Nunha segunda fase, e unha vez confirmado o horario de asistencia, os centros poderán facer a reserva de obradoiros.

881 996 506

asesoria.ere@edu.xunta.gal