Coñece o proxecto aRi[t]mar galiza e portugal, permanece atento/a ás novidades, consulta a información de todas as edicións, le e escoita as mellores poesías e músicas da Galiza e de Portugal dos últimos anos, e moitas cousas máis accedendo á páxina web do proxecto // Conheça o projeto aRi[t]mar galiza e portugal, permaneça atento/as às novidades, consulte a informação de todas as edições, ouça e leia as melhores músicas e poesías da Galiza e de Portugal dos últimos anos, e muitas coisas mais acedendo ao
O público de aRi[t]mar aposta por dúas voces femininas, novas e modernas
Compromiso, renovación e ruptura son tres palabras que califican con precisión a obra de Lúa Mosquetera. A autora, orixinaria da coruñesa vila de Miño, abandona os tropos máis recurrentes da poesía por unha, a súa, sempre recitada sobre música (se pode ser en directo), e coa defensa dunha lírica separada do elitismo. “Anorak de pel de caribú”, a poesía gañadora do premio á Mellor Poesía do Ano na Galiza, formou parte da antoloxía “15 voces da nova poesía galega” e será publicada nun poemario da autora, neste 2022, pola Editorial Galaxia.
O xurado do certame aRi[t]mar galiza e portugal vén de decidir que a asociación Ponte... nas Ondas! será a galardoada co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona 2022. É un recoñecemento outorgado por medio de resolución directa do xurado e pretende salientar o traballo de todo aquel que contribúe a achegar as culturas galega e portuguesa. A resolución dáse a coñecer nas vésperas do 25 de abril, data da Revolución dos Caraveis.
Xisco Feijoó (por "Peixe") e Ana Moura (por "Andorinhas") gañadores dos premios aRi[t]mar da música galego-portuguesa
Non te esquezas de votar para escolleres as mellores cancións galega e portuguesa do 2021 en www.aritmar.gal até as 23:59 do domingo 20 de marzo
Máis un ano, chega a Gala de entrega de premios e actuacións aRi[t]mar galiza e portugal.
Nesta ocasión contaremos coa presenza de Guadi Galego (mellor canción galega), Cláudia Pascoal (mellor canción portuguesa), Rosalía Fernández Rial (mellor poema galego), Márcia (mellor poema portugués) e José Viale Moutinho (premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona).
Ademais, contaremos coa actuación e presentación de dúas coñecidas referencias do panorama artístico galego, e algunha sorpresiña máis.
Mércores 27 de outubro, 20:30h
Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela
Entrada libre e gratuíta até completar capacidade máxima do local.
Retirada de billetes de entrada: www.compostelacultura.gal a partir do día 25/10.
O xurado do certame aRi[t]mar da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela decidiu conceder o Premio aRi[t]mar especial do xurado “Embaixada da amizade galego-lusófona” ao escritor madeirense residente no Porto José Viale Moutinho.
A resolución do xurado, dada a coñecer nás vésperas do simbólico 25 de abril portugués, pretende pór en destaque, dentro do proxecto aRi[t]mar galiza e portugal, aquela persoa, grupo de persoas, institución ou iniciativa que teñan contribuído a tender pontes de amizade e colaboración entre a Galiza e a Lusofonía ben como a traballar pola cultura e a lingua comúns o recoñecemento mutuo entre Galiza e a Lusofonía ou cun labor de reinserción da cultura galega nese seu verdadeiro espazo natural.