Gústache o galego? Queres participar nas actividades de cultura e lingua galega?
Contacta coa coordinadora, envía un mail a ikerdudo@eoisantiago.org
Mércores 4 de outubro às 12:00 na Aula 1
Imaxe:https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Pandeireteiras_%28Arteixo_2020%29.jpg
Unha catedral para un reino
Ven coñecer as pegadas que a monarquía galega deixou na Catedral de Santiago: representación de Afonso VI nun dos capiteis fundacionais da cabeceira; coroación de Afonso Raimundes (futuro Afonso VII) como Rei de Galiza por parte de Xelmirez en 1111 no altar maior do templo; solemne cerimonia de consagración da basílica, tras a finalización da súa construción, en 1211 coa presenza do rei Afonso VIII; creación do Panteón Real da dinastía Borgoña onde repousan os restos de, entre outros, os reis Fernando II, Afonso VIII ou da raíña Berenguela...
Terza feira, 14 de marzo, 17:30 h, Catedral de Santiago de Compostela.
Visita guiada a cargo de Ramón Yzquierdo Peiró, director técnico - conservador do Museo da Catedral.
Inscrición previa obrigatoria en i.gal/VisitasCompostela.
Así celebramos o Día de Rosalía, 23 de febreiro, día do seu nacemento en 1837, e o seu mes enteiro:
♥Tapiz realizado polo Colectivo Feminista Deza- Tabeirós no que se plasma a pegada feminista de Rosalía, pioneira da súa época. Ven velo durante todo o mes na entrada da EOI e deixa a túa achega (unha nota, un deseño, uns versos, etc) no taboleiro.
♥Nas nosas redes sociais, dálle un like ao post de Rosalía e á páxina do perfil da EOI, repostea, etiqueta unha amiga e responde cun verso, unha imaxe ou unha canción relativa a Rosalía xunto cos cancelos #EOISantiagoDíadeRosalia #23FDíadeRosalía #FebreiroMesdeRosalía.
♥Sortearemos 10 paraugas coa imaxe e un verso da autora entre as persoas participantes e repartiremos autocolantes. Consulta as bases legais do sorteo.
Xornadas A lingua e o reino, entre Compostela e Braga-Lingua de raíñas e reis
Ven coñecer o nacemento da lingua galega-portuguesa hai perto de mil anos e o seu pleno esplendor durante a Baixa Idade Media.
Conferencia a cargo de Francisco Rodríguez Sánchez, estudoso e investigador da realidade galega: historia, crítica literaria e sociolingüística
Terza feira, 28 de febreiro, ás 19:30 h na Sala de Actos
Organización e curadoría: Deputación da Coruña e Rede da GaliLusofonia.
Coa colaboración de: Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela; aRi[t]mar galiza e portugal; Escola de Letras, Ciências e Artes Humanas da Universidade do Minho e Convergências Portugal Galiza.
Consulta aquí o programa completo das Xornadas.
Encontro co autor Premio Nacional de Narrativa 2021
Martes 14 de febreiro ás 18:00 na Biblioteca
Máis info:
Podcast sobre o libro
Premio Nacional de Narrativa 2021
A cabeza da medusa, de Marilar Aleixandre. Encontro coa autora.
NOVA DATA E HORA! Mércores 14 de decembro ás 19:30h.
O xoves 15 de decembro de 2022 ás 18:00 horas na Biblioteca.
Paseo guiado pola historiadora Encarna Otero arredor do traballo das mulleres nos lavadoiros e nas fontes de Compostela.
Unha maneira fantástica de coñecer os oficios tradicionais, lugares con historia e o noso patrimonio!
Xoves, 5 de maio de 2022, ás 16.30 h. Punto de encontro: a entrada da Escola Oficial de Idiomas.
Para apuntarse hai que cubrir este formulario: https://forms.gle/QUTT87SzzPJVjnto6
Descubre a biodiversidade que te rodea con Ramsés Pérez, educador medioambiental da Asociación Pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). Pasearemos desde a escola até o Sarela á descuberta da flora e da fauna.
O punto de encontro será a escola. Prazas limitadas con inscrición previa enchendo este formulario: https://forms.gle/GgiBWcnd9ymfFUCv6
Martes, 26 de abril de 2022 de 17:00 ás 19:00.
Actividade organizada polo Departamentos de Galego e o EDLG.