Actividades

Obradoiro “Seguridade e pequenos arranxos” coa participación da Asociación Cívica Composcleta

Aposta pola bici como medio de transporte alternativo, ecolóxico e saudábel.

Como e cando? O mércores 13 de abril ás 17:00 no salón de actos

Organiza o EDLG

http://composcleta.blogspot.com.es/

En bici, mobilidade a debate!

Ven en bici á escola

Tes propostas para mellorar o tráfico? Coñeces experiencias de outros países? Ven compartir as túas ideas.

Onde e cando? Mércores 27 de abril ás 17:00 no Aparcadoiro

Organiza o EDLG

Exposición Fotógrafos en Compostela

Unha colección de imaxes persoais, variadas e únicas da nosa cidade, inspirada na obra de fotógrafas e fotógrafos de sona.

Realizar fotografías de Compostela usando como inspiración o estilo e a técnica de autoras e autores recoñecidos: ese foi o obxectivo dos 54 participantes desta mostra. 

Charla de Jorge Mira

“Aproximación científica ao problema da lingua”

Jorge Mira Pérez, catedrático do Departamento de Física Aplicada da USC e coñecido divulgador científico en diferentes medios de comunicación, visitará a nosa EOI para  impartir unha conferencia na que realizará unha análise cuantitativa sobre o futuro do galego.

Poden asistir todas as persoas interesadas.

"Seguimos coa historia, facendo o guión"

 

Obradoiro II de curta metraxe con Paula Carballeira, escritora e actriz  (Berrobambán teatro, Libro de familia na TVG)

Cando: 30 de marzo de 18:30 ás 20:30

Onde: Sitio por determinar

http://galegos.galiciadigital.com/gl/paula-carballeira-cabana

Conversa con María Reimóndez

Falaremos coa escritora do proceso de tradución do alemán ao galego coa obra "keinigkeiten/cousiñas"maría

Cando e onde? O martes, 8 de marzo de 2016, ás 17:30 horas na sala de lectura da EOI de Santiago de Compostela.

Obra de teatro "Daquelas que cantan", do grupo de teatro da A.C. Vagalume

Unha representación teatral para non esquecer! Dirixida por Lucho Penabade. O espectáculo pretende facer un breve percorrido pola obra de Rosalía de Castro, salientando a súa plena vixencia e actualidade. Unha homenaxe á autora e á radical rebeldía e modernidade da súa obra e pensamento.

Cando e onde?
O luns, 29 de febreiro de 2016, ás 20 horas no salón de actos da EOI de Santiago de Compostela.

Actividade organizada polo Departamento de Galego e o EDLG.

Entroido, ritos e símbolos

peliqueirosMércores 27 de xaneiro de 2015 desde as 18:30 ás 20:00. Aula 6.

Galegos e galegas de aquí e de acolá.
Conversa con Isabelle Kerdudo, autora do estudo “Chrétiens et païens dans l’Entroido de Laza”  da Universidade de Rennes II (Bretaña).

Actividade organizada polo Departamento de Galego e o EDLG.

Premio do concurso de felicitacións de Nadal

Felicitación NadalO gañador do concurso de felicitacións de Nadal é Ricardo Irimia, alumno de galego.

Esta é a felicitación gañadora.

Accedede ao grupo público de Facebook Tándem en galego para ver todas as felicitaciós, e empregádeas para felicitar o Nadal!

Departamento de Galego e EDNL.

Concurso de Felicitacións de Nadal 2015

NadalCrea unha felicitación de Nadal e participa no concurso! Contribúe a que todo o mundo teña unha para enviar! Hoxe en día a xente manda cada vez máis felicitacións a través do Facebook e do WhatsApp; mais aínda non hai moitas en galego.

Agora poderás crear a túa felicitación para participar no concurso e, ademais, para enviárllela a quen desexes e para que todo o mundo poida facer o mesmo con ela.

Atención: prazo ampliado até o día 16 de decembro!!

Distribuir contido