Actividades

Premio do concurso de felicitacións de Nadal 2016

O xurado, logo de contar e verificar o número de ‘gustame’ que recibiron as felicitacións enviadas, ACORDOU que a felicitación de Nadal gañadora é a presentada polo alumno de galego RICARDO IRIMIA. Parabéns!
 

Día das Letras Galegas 2016

Eu son esta terra e esta auga

Manuel María naceu en Outeiro de Rei da Terra Chá (Lugo) o 6 de outubro de 1929. En 1949, escribe o poemario, Muiñeiro de brétema, a primeira das súas obras poéticas seguidas  tamén de narrativa, teatro ou ensaio. 

Nos anos 60 a súa voz é cada vez máis comprometida e combativa con poemas tais como "Versos para un país de minifundios", "Versos para cantar en feiras e romaxes", "Remol", "Canciós do lusco ao fusco"… Na súa obra profusa destacan títulos como "Os soños na gaiola", "A luz resucitada" ou ensaios como "O tema da emigración na poesía galega". 

Faleceu en 2004 mais a súa palabra segue viva e resoa en cada curruncho do noso país nestas Letras Galegas dedicadas ao grande poeta chairego. 

Con motivo da celebración da nosa lingua, a EOI de Santiago homenaxea ao poeta Manuel María, ao que este ano se lle dedica a comemoración, na voz das nosas auxiliares lingüísticas, Cäcilia Plohmann (alemán), Céline Nédélec (francés), Leslie Shelton (inglés) e Eleonora Giunchi (italiano).

https://www.youtube.com/playlist?list=PLlqwm7bN7GiYfdwKLyN8ccMM5YP_1q0je

#ManuelMaría #LetrasGalegas2016   Texto: http://www.casamuseomanuelmaria.gal/estaticas/3.htm

Obradoiro “Seguridade e pequenos arranxos” coa participación da Asociación Cívica Composcleta

Aposta pola bici como medio de transporte alternativo, ecolóxico e saudábel.

Como e cando? O mércores 13 de abril ás 17:00 no salón de actos

Organiza o EDLG

http://composcleta.blogspot.com.es/

En bici, mobilidade a debate!

Ven en bici á escola

Tes propostas para mellorar o tráfico? Coñeces experiencias de outros países? Ven compartir as túas ideas.

Onde e cando? Mércores 27 de abril ás 17:00 no Aparcadoiro

Organiza o EDLG

Exposición Fotógrafos en Compostela

Unha colección de imaxes persoais, variadas e únicas da nosa cidade, inspirada na obra de fotógrafas e fotógrafos de sona.

Realizar fotografías de Compostela usando como inspiración o estilo e a técnica de autoras e autores recoñecidos: ese foi o obxectivo dos 54 participantes desta mostra. 

Charla de Jorge Mira

“Aproximación científica ao problema da lingua”

Jorge Mira Pérez, catedrático do Departamento de Física Aplicada da USC e coñecido divulgador científico en diferentes medios de comunicación, visitará a nosa EOI para  impartir unha conferencia na que realizará unha análise cuantitativa sobre o futuro do galego.

Poden asistir todas as persoas interesadas.

"Seguimos coa historia, facendo o guión"

 

Obradoiro II de curta metraxe con Paula Carballeira, escritora e actriz  (Berrobambán teatro, Libro de familia na TVG)

Cando: 30 de marzo de 18:30 ás 20:30

Onde: Sitio por determinar

http://galegos.galiciadigital.com/gl/paula-carballeira-cabana

Conversa con María Reimóndez

Falaremos coa escritora do proceso de tradución do alemán ao galego coa obra "keinigkeiten/cousiñas"maría

Cando e onde? O martes, 8 de marzo de 2016, ás 17:30 horas na sala de lectura da EOI de Santiago de Compostela.

Distribuir contido