Exposición Fotógrafos en Compostela

Unha colección de imaxes persoais, variadas e únicas da nosa cidade, inspirada na obra de fotógrafas e fotógrafos de sona.

Realizar fotografías de Compostela usando como inspiración o estilo e a técnica de autoras e autores recoñecidos: ese foi o obxectivo dos 54 participantes desta mostra. 

Para realizaren esa interpretación persoal  tiveron que reflexionar: Como fotografaría a cidade esa autora ou ese autor? Con que técnica e recursos? Cal sería o tema?

do 1 ao 30 de xuño de 2016 na EOI de Santiago de Compostela en Vite

 

Actividade organizada polo Departamento de Galego e o EDLG