Estudos ofertados no centro

1. Cursos ordinarios e de especialización

A EOI de Santiago de Compostela ofrece cursos ordinarios de alemán, español, francés, galego, inglés, italiano e portugués, estruturados segundo os as niveis A1, A2, B1, B2, C1 e C2 establecidos polo Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). A duración total dos estudos varía dependendo do idioma. 

O plan de estudos de alemán articúlase en 8 cursos. 

a) Nivel básico A1 e A2: dous cursos, A1 (nivel A1 do MCERL) e A2 (nivel A2 do MECRL).

b) Nivel intermedio B1: dous cursos, B1.1 e B1.2 (nivel B1 do MECRL).

c) Nivel intermedio B2: un curso, B2 (nivel B2 do MECRL).

d) Nivel avanzado C1: dous cursos, C1.1 e C.1.2 (nivel C1 do MECRL).

e) Nivel avanzado C2: un curso. C2 (nivel C2 do MECRL).

 O plan de estudos de español, galego e portugués articúlase en 5 cursos.

a) Nivel básico A2: un curso, A2 (nivel A2 do MCERL).

b) Nivel intermedio B1: un curso, B1 (nivel B1 do MECRL).

c) Nivel intermedio B2: un curso, B2 (nivel B2 do MECRL).

d) Nivel avanzado C1: un curso, C1 (nivel C1 do MECRL).

e) Nivel avanzado C2: un curso, C2 (nivel C2 do MECRL).

 O plan de estudos de inglés, francés e italiano articúlase en 7 ou 8 cursos. 

a) Nivel básico A1 e A2: un curso, A2 (nivel A2 do MCERL) ou dous cursos, A1 e A2 (nivel A2 do MCERL).

b) Nivel intermedio B1: un curso, B1 (nivel B1 do MECRL).

c) Nivel intermedio B2: dous cursos, B2.1 e B2.2 (nivel B2 do MECRL).

d) Nivel avanzado C1: dous cursos,  C1.1 e C.1.2 (nivel C1 do MECRL).

e) Nivel avanzado C2: un curso,  C2 (nivel C2 do MECRL).

 Ao rematar cada nivel o alumnado obtén o certificado correspondente:

  • Nivel básico: certificado de nivel básico (A2).
  • Nivel intermedio B1: certificado de nivel intermedio (B1).
  • Nivel intermedio B2: certificado de nivel intermedio (B2).
  • Nivel avanzado C1: certificado de nivel avanzado (C1).
  • Nivel avanzado C2: certificado de nivel avanzado (C2).

O alumnado que aprobe unha ou varias destrezas pode solicitar un certificado que o acredite.

Os cursos ordinarios poden ser:

  • anuais: 120 horas de duración, de setembro a xuño, repartidas con caracter xeral en dúas sesións semanais de 2 horas.
  • intensivos: 120 horas de duración, de setembro a febreiro ou de febreiro a xuño. Teñen 8 horas de clase semanais e permiten completar dous cursos dun mesmo nivel nun curso académico, xa que o alumnado que supera o curso do 1º cuadrimestre ten preferencia á hora de se matricular no curso do 2º cuadrimestre (esta modalidade só está dispoñible para algúns idiomas e niveis)
  • de nivel integrado (só no caso de español, galego e portugués): 120 horas de duración, de setembro a xuño, repartidas en dúas sesións semanais de 2 horas. Nestes cursos impártense os contidos correspondentes a un dos niveis A2, B1, C1 e C2 do MECRL nun curso académico. 

2. Cursos de actualización e especialización para o profesorado

Son cursos organizados en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). A oferta de cursos varía dependendo da lingua. Ofrécense:

Cursos de actualización lingüística e comunicativa de francés e inglés (CALC)

De 120 horas de duración, de setembro a xuño, de nivel A2, B1 e C1.

Outros cursos de formación en idiomas

De nivel básico, intermedio e avanzado. Cada nivel estrutúrase en un ou máis módulos de 30 horas.

O alumnado que asiste ao 85% do curso obtén un certificado de asistencia ou aproveitamento, e pode matricularse nos exames libres sempre e cando cumpra os requisitos para facelo.

Que un alumno estea matriculado nun curso de actualización e pefeccionamento non implica que teña prioridade para matricularse no curso seguinte como alumnado  oficial nun curso ordinario, polo que terá que seguir o procedemento de matrícula para alumnado novo.

Estar matriculado nun curso de actualización e pefeccionamento é compatible con estar matriculado nun curso ordinario do mesmo idioma. Pódese obter máis información sobre estes cursos no CAFI.

Cursos de formación en inglés ou francés para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira do profesorado

Dentro da Fase A do Programa integral de aprendizaxe das linguas estranxeiras (PIALE), (75 horas). Máis información aquí.

3. Cursos monográficos para colectivos profesionais e público en xeral.

Na EOI de Santiago ofrécense cursos monográficos dirixidos a distintos colectivos profesionais:

Cursos monográficos de galego

Organizados en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística: Hai cursos de linguaxe administrativa galega de niveis medio e superior, de 75 horas de duración, dirixidos a funcionariado e tamén cursos de 60 horas de duración preparatorios para examinarse dos certificados de lingua galega (CELGA). Consulte a oferta actual aquí.

Cursos de formación de profesorado durante o verán

Cursos dirixidos a profesionais do eido da educación sobre temas metodolóxicos e de avaliación e certificación. Máis información aquí.

4. Ensinanza semipresencial.

A EOI de Santiago é centro de apoio titorial do programa That’s English, que permite estudar inglés a distancia. Máis información aquí.

Ademais, no curso 2020-2021, o departamento de inglés impartirá un curso semipresencial de nivel C1.1. A metade da docencia impartirase nunha única sesión presencial, os venres de 17:30 a 19:30, que se dedicará principalmente a traballar a produción e mediación orais. A outra metade da carga lectiva desenvolverase nunha aula virtual, na que o alumnado traballará as distintas actividades de lingua de maneira autónoma co apoio e orientación do profesorado. 

Esta modalidade de docencia require por parte do alumnado certo grao de autonomía como aprendiz de linguas, así como coñecementos básicos de informática para desenvolverse nunha contorna de ensino virtual. O único equipamento necesario é un ordenador con conexión a internet.

 

5. Alumnado libre.

Nos meses de marzo e/ou abril ábrese o período de matrícula para as persoas que queren obter os certificados da EOI examinándose por libre (sen dereito a asistir ás clases). O alumnado libre pode matricularse en calquera nivel das probas de certificación.