Sócrates Grundtvig 2: "LinxXchange"

Este programa europeo rematado no ano 2007 tiña como obxectivo fomentar o uso das linguas aprendidas, contactando por internet con alumnos dos centros participantes: CVO Temse (Flandes, Bélxica), Savo Vocational College (Kuopio, Finlandia) e Ballsbridge College (Dublín, Irlanda). A páxina web multilingüe en francés, inglés e español permitiu o intercambio de experiencias durante dous anos académicos.

Dentro deste programa, realizáronse diversas visitas organizativas a Temse e a Kuopio, ademais dunha viaxe de alumas participantes a Temse.