Estadías profesionais

Durante o curso 2009-2010, dúas profesoras do departamento de alemán realizaron estadías profesionais en Alemaña en abril de 2010. En correspondencia, dous profesores alemáns visitaron a nosa EOI no mes de febreiro. Os obxectivos destas estadías recíprocas foron: crear unha canle de contacto entre os centros alemáns e esta EOI, participar na vida dun centro escolar europeo, e estudar a posibilidade de facer futuros proxectos e accións interculturais e de intercambio. Durante as estadías, o profesorado alemán visitante coñeceu o funcionamento dunha Escola Oficial de Idiomas, falou das súas rexións de orixe nalgunhas clases de alemán, asistiu a algunhas clases de español para estranxeiros e foi informado dos proxectos e especificidades da EOI de Santiago.