Calendario de exames

No calendario google pode consultar:

  • as datas das probas escritas de todos os cursos e niveis, para alumnado oficial, CUALE, CALC e CALG, das convocatorias ordinaria e extraordinaria, de todas as linguas e niveis, de Vite a de todas as seccións
  • as datas das probas orais de Vite de todos os idiomas. 

VITE: CALENDARIO DE EXAMES DA CONVOCATORIA ORDINARIA

VITE: CALENDARIO DE EXAMES DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

SECCIÓNS DE NEGREIRA, NOIA, ORDES, RIBEIRA E SAR: CALENDARIO DE EXAMES DA CONVOCATORIA ORDINARIA

SECCIÓNS DE NEGREIRA, NOIA, ORDES, RIBEIRA E SAR: CALENDARIO DE EXAMES DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 

 

Pode consultar as convocatorias para as probas de expresión oral nos taboleiros do centro 

 Prema aquí para consultar as convocatorias para as probas de expresión oral (centrosNET)

 

 COMO CONSULTAR O CALENDARIO GOOGLE

IMPORTANTE! O alumnado será convocado oficialmente para realizar a proba de expresión oral no día e hora que determine o departamento correspondente. O feito de que haxa máis de un día para a realización de ditas probas, non implica que esa proba se celebre en todas as seccións nin que o alumnado poida elixir o día e hora no que se vaia presentar. Polo tanto, todo/a alumno/a deberá consultar as convocatorias ou chamamentos concretos das probas de expresión oral, que se poderán celebrar antes ou despois da proba escrita.

Recoméndase NON empregar o navegador Chrome para visualizar o calendario.

 

 
NOTA: As datas das probas son inamovibles. O alumnado oficial que non poida facer a parte escrita na convocatoria ordinaria pode presentarse a dita parte na convocatoria extraordinaria. O alumnado oficial que non poida facer a parte escrita na convocatoria extraordinaria deberá matricularse de novo cando remate o curso. A proba oral só se poderá cambiar se o departamento (ou a sección, no caso do alumnado matriculado en Negreira, Noia, Ordes, Ribeira ou Sar) ten convocado probas orais do mesmo nivel noutra data e sempre que se comunique a necesidade do cambio con anterioridade á data de celebración das probas e se xustifique dita necesidade documentalmente.