Faixa 20 aniversario

#Entrevistas20AnosEOI

Aínda temos bastantes #entrevistas20anoseoi na recámara!
Hoxe toca Carlos Campoy, alumno de italiano e exalumno de portugués #20AniversarioEOISantiago

Hoxe no #Entrevistas20AnosEOI temos a Stéphane, profesor de francés case desde o primeiro ano da escola #20AniversarioEOISantiago

Luís Xuncal é profe de italiano desde que existe este departamento na nosa EOI de Compostela
Aquí o seu #Entrevistas20AnosEOI #20AniversarioEOISantiago

 

Unha nova edición das nosas #Entrevistas20AnosEOI  A protagonista de hoxe é Uxía Pérez, conserxe na escola #20AniversarioEOISantiago

 

Frank é un dos que coñece a escola desde o mesmo comezo, en especial o departamento no que dá clase: alemán.
#Entrevistas20AnosEOI #20AniversarioEOISantiago

Diana Pastoriza protagoniza o #Entrevistas20Aniversario de hoxe no #20AniversarioEOISantiago Diana é profe de inglés e foi a primeira xefa de estudos da sección de Ribeira

Begoña é alumna de C1 de francés, e a nosa protagonista de hoxe nas #Entrevistas20AnosEOI. Botádelle un ollo ao que conta da súa experiencia na escola. #20AniversarioEOISantiago

 

José Luís Rodríguez Dacal, entón vicepresidente da Camara de Comercio de Santiago de Compostela,  xogou un papel moi importante na creación da nosa escola.  Se queredes coñecer o xermolo da EOI, escoitade as súas palabras. #Entrevistas20AnosEOI #20AniversarioEOISantiago

Hoxe en #Entrevistas20AnosEOI! Profesora de galego e exalumna. Ela é Lorena López, que leva só un ano como docente, pero xa viviu a escola doutro xeito

#20AniversarioEOISantiago

 

 

Juan Lago foi o primeiro xefe da sección que a EOI de Santiago ten na vila de Noia. Hoxe é o protagonista do #Entrevistas20AnosEOI

Novo encontro nas #Entrevistas20AnosEOI, esta vez co exconselleiro Celso Currás, que ocupaba o cargo ao tempo de inaugurarmos a nosa escola.
#20AniversarioEOISantiago

Volve outro #Entrevistas20AnosEOI, e neste toca falar con Fernando, que traballa como administrativo na escola

Continuamos cos nosos encontros nun novo #Entrevistas20AnosEOI
Neste caso falamos con Bea, profe de portugués e a encargada de abrir o departamento desta lingua poucos anos despois do nacemento da EOI de Santiago

András é un gran exemplo desa vontade pola aprendizaxe ao longo da vida que, tentamos, tanto caracteriza a nosa misión educativa. Botádelle un ollo ao que conta András e estade atentos aos moitos que pronto van vir!

Hoxe imos lanzar unha serie de publicacións especiais para celebrar o noso 20 aniversario e rememorar tanto canto pasou desde aquel ano 2002.
#Entrevistas20AnosEOI é unha serie de encontros con diferentes protagonistas da nosa comunidade de aprendizaxe. O primeiro deles é András Bajai, un home de 71 anos e nacionalidade húngara que estuda Español e, polo que podemos ver, xa se sinte moi compostelán

#20AniversarioEOISantiago