Música en directo, historias, poemas, moito ritmo e moitohumor ! María Lado e Lucía Aldao manexan a poesía para provocar!
Este recital ameno, con moito ritmo interpela os espectadores con música, xogos, historias que rodean os poemas, momentos de reflexión.
Venres 8 de maio ás 14:00 no Salón de actos.
Contaremos coa presenza das persoas participantes, alumnado e profesorado.
Organiza o Departamento de galego e o EDLG
Aquí tedes os resultados do concurso de curtas cinEOI Coruña 2015.
Absoluta
1 Un home de acción de Raúl Vallina (EOI da Coruña) = PRIMEIRO PREMIO
2 O último filamento de M. Carmen Maciñeiras (EOI da Coruña) = SEGUNDO PREMIO
3 Xaneco de Isabel Albela (EASD Mestre Mateo de SAntiago de Compostela) = TERCEIRO PREMIO
4 Meus ollos firen de Natalia Porca (EOI de Santiago de Compostela) = CUARTO PREMIO
Conversa con Laureano Araujo (Berna- Suiza), profesor de alemán, tradutor, escritor, poeta. OS DÍAS CONDENADOS. FRAGMENTOS PARA UN DEVOCIONARIO é o título do seu primeiro libro de poemas editado (Xerais).
Mércores 6 de maio ás 20:00 na aula 13 da EOI en Vite.
Organiza o EDLG e o Departamento de galego.
Unha idea orixinal de Ángeles Huerta con João Guisan e Angeles Iglesias. Producións ENDL da EOI da Coruña.
Cándido Pazó dirixe a obra de teatro Xardín Suspenso co Centro Dramático Galego. Autor, director,de escena, narrador oral e actor, comeza a súa actividade profesional en 1975.
Queres ir ao teatro? Cándido Pazó dirixe a obra de Abel Neves Xardín Suspenso.
Funcións xerais:
sábados 14, 21 e 28, ás 20:30 h
domingos 15, 22 e 29, ás 18:00 h
Funcións escolares:
mércores 18 e 25, ás 11:00 h
xoves 19 e 26, ás 11:00 h
no Salón Teatro, Rúa Nova (Santiago de Compostela).
Taller urxente de guión con Carlos Santiago
Neste obradoiro poderemos aprender como escribir un guión para cine cunhas poucas técnicas básicas. A través da creación colectiva dun guión para unha curtametraxe aprenderemos como seleccionar unha historia, como estruturala con sentido cinematográfico e como desenvolvela de maneira áxil e eficaz tirando todo o partido posible do noso talento como guionistas.
Neste obradoiro aprenderemos a poñernos diante da cámara sen medo.
Paula Carballeira
En televisión traballou en: “Apaga a luz”, “A noite en blanco”, “Pequeno hotel”, episodio piloto de “Pepe o Inglés”, “Rías Baixas”, “O rei da comedia”, “Máxima Audiencia”, “Contando estrelas” e “Libro de Familia”.
Martes 10 de marzo de 20:00 ás 21:30 no salón de actos.
Xa temos datos actualizados sobre a situación sociolingüística do noso centro.
Pódense consultar os resultados e a súa análise premendo aquí.