Actividades

Roteiro en galego

Gústache camiñar e coñecer novos espazos verdes? Queres coñecer outras persoas e falar en galego? Ven pasear con nós!

O martes 25 de novembro ás 16:30 (duración hora e media).

Punto de encontro: parada de bus diante do Estadio de Santa Isabel.

Apúntate na conserxaría!

Organiza: departamento de galego e EDLG

Videoconferencia con Ignacio Vilar, director de A esmorga

A esmorgaATENCIÓN! Cambio de data e aula: mércores 19 de novembro de 2014, ás 19.30, na aula 13.

Participa na videoconferencia co director de A esmorga e descubre como se cociñou este filme que se vai estrear o 21 de novembro en todas as salas de cinema galegas e que vai dar moito que falar!

Non todos os días podemos falar cun coñecido director dun filme que promete ser a revelación da temporada para preguntarlle todo o que queiramos sobre a elaboración do guión, o financiamento, a rodaxe…

Mesa redonda “Os medios, enteiros en galego”

Medios en galegoCantos xornais dixitais en galego se poden atopar hoxe en día? Cantos quedan en papel? Hai algún todo el en galego? E cal é a situación da radio e da TV? Ven á mesa redonda se queres saber máis deste tema!

Unha actividade imprescindible para coñecer de primeira man a situación actual dos medios de comunicación galegos, a través das variadas perspectivas das persoas participantes, todas elas profesionais do sector.

Tándem en galego

Gústache o galego? Queres coñecer outras persoas? Ven falar con nós!

O mércores 5 de novembro de 2014 ás 16:30 na sala de lectura.

Organiza o Departamento de galego e o EDLG.

Síguenos en Facebook : Tándem en galego

Distribuir contido