Actividades

Xardín Suspenso, unha obra do Centro Dramático Galego

Xardín suspensoQueres ir ao teatro? Cándido Pazó dirixe a obra de Abel Neves Xardín Suspenso.

Funcións xerais:
sábados 14, 21 e 28, ás 20:30 h
domingos 15, 22 e 29, ás 18:00 h

Funcións escolares:
mércores 18 e 25, ás 11:00 h
xoves 19 e 26, ás 11:00 h

no Salón Teatro, Rúa Nova (Santiago de Compostela).

Obraidoro de curtas

Taller urxente de guión con Carlos Santiago

Neste obradoiro poderemos aprender como escribir un guión para cine cunhas poucas técnicas básicas. A través da creación colectiva dun guión para unha curtametraxe aprenderemos como seleccionar unha historia, como estruturala con sentido cinematográfico e como desenvolvela de maneira áxil e eficaz tirando todo o partido posible do noso talento como guionistas.

Pequeno Obradoiro de interpretación con Paula Carballeira

Neste obradoiro aprenderemos a poñernos diante da cámara sen medo.

Paula Carballeira

En televisión traballou en: “Apaga a luz”, “A noite en blanco”, “Pequeno hotel”, episodio piloto de “Pepe o Inglés”, “Rías Baixas”, “O rei da comedia”, “Máxima Audiencia”, “Contando estrelas” e “Libro de Familia”.

+INFO sobre Paula Carballeira

Martes 10 de marzo de 20:00 ás 21:30 no salón de actos.

Enquisa sociolingüística

Xa temos datos actualizados sobre a situación sociolingüística do noso centro.

Pódense consultar os resultados e a súa análise premendo aquí.

Chegou o Entroido!

Galegos e galegas de aquí e de acolá. Conversa con Isabelle Kerdudo, investigadora sobre o Entroido de Laza (Université Rennes II).

Mércores 11 de febreiro ás 17:00 na aula 13.

Organiza o EDLG e o Departamento de galego.

Participa no V Festival CinEOI Coruña Curtas

  1. CinEOI Coruña curtasPresenta unha curta de tema libre, dun máximo de 10 minutos, en lingua galega.
  2. Grávaa co medio dixital que ti prefiras (videocámara, cámara dixital, cámara de móbil, tableta…).
  3. Hai dúas categorías:
    • Categoría absoluta, para alumnado das EOIs da Coruña e Santiago de Compostela e da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo.

Fallo do V Concurso de cartaces para o CinEOI Coruña Curtas 2015

2º premioParabéns aos gañadores e grazas a todas as persoas que participaron!

1º premioPrimeiro Premio:
Víctor Castrillón Cimadevila (alumno de alemán da EOI de Santiago )
(cartaz nº 4)

Segundo premio:
Miguel Ángel Martínez Rodríguez (EOI da Coruña)
(cartaz nº 2)

Concerto de Nadal

Cartel Concerto NadalCo alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

NOVOgalería de fotos e video do conxunto de guitarras      

Consulte o programa do concerto e as letras das cancións e panxoliñas.

Xoves 18 de decembro ás 19.30 h.

 

Concurso de cartaces CinEOI 2015

Participa no concurso de cartaces! Consulta as bases!

Data límite de entrega: 30 de decembro de 2014

Organiza: EDLG

Roteiro en galego

Gústache camiñar e coñecer novos espazos verdes? Queres coñecer outras persoas e falar en galego? Ven pasear con nós!

O martes 25 de novembro ás 16:30 (duración hora e media).

Punto de encontro: parada de bus diante do Estadio de Santa Isabel.

Apúntate na conserxaría!

Organiza: departamento de galego e EDLG

Distribuir contido