Actividades

Magosto interdepartamental

     Ven celebrar o magosto connosco!

     -Castañas para todos e todas
     -Músicas do país
     -Obradoiros de danzas tradicionais galegas e bretoas
     -Castagnaccio italiano
     -Xogo do bobbing for apples inglés

     Mércores 9 de novembro
     De 17:00 a 21:30 h
     Aparcadoiro da EOI

Roteiro ao petróglifo Castriño de Conxo

RoteiroVen descubrir o patrimonio que se agocha nun lugar misterioso de Compostela con Luis Leclere, do Colectivo A Rula.

Inscrición previa obrigatoria https://forms.gle/nQydsa523cR9dVaK9. Prazas limitadas!!

O martes 15 de novembro de 2022 de 19:30 ás 21:00 horas  (comunicarase o punto de encontro por mail).

Contacto: ikerdudo[@]eoisantiago.org

Exposición sobre os petróglifos galegos

PetróglifosDescubre os tesouros que agochan os nosos montes co Colectivo A Rula.

Do 11 ao 25 de novembro 2022 nos corredores da escola de Vite.

Club de lectura en galego 'Amantes dos libros'

Marilar AleixandreA cabeza da medusa, de Marilar Aleixandre. Encontro coa autora.

NOVA DATA E HORA! Mércores 14 de decembro ás 19:30h.

O xoves 15 de decembro de 2022 ás 18:00 horas na Biblioteca.

Constitución do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

PandeireteiroGústache o galego? Queres participar nas actividades de cultura e lingua galega? Contacta coa coordinadora; manda un mail a ikerdudo@eoisantiago.org.

Primeira reunión o mércores 5 de outubro de 2022 ás 12:00 horas na aula 5.

Mira aquí a próxima actividade aRi[t]mar2022!

Foto cedida por Elena Fernández Neofalantes.

Día das Letras Galegas

17 de maio: festexemos a lingua e cultura que nos unen! #DiaDasLetrasGalegas

Roteiro polo río Sarela

Roteiro polo SarelaDescubre a biodiversidade que te rodea con Ramsés Pérez, educador medioambiental da Asociación Pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). Pasearemos desde a escola até o Sarela á descuberta da flora e da fauna.

O punto de encontro será a escola. Prazas limitadas con inscrición previa enchendo este formulario: https://forms.gle/GgiBWcnd9ymfFUCv6

Martes, 26 de abril de 2022 de 17:00 ás 19:00.

Actividade organizada polo Departamentos de Galego e o EDLG.

Concerto de Xoán Curiel

Cartel Xoan CurielBaixo o título Pobre poesía, o artista interpreta poetas de Galiza, Portugal, Italia ou Brasil como Alda Merini, Dante Maffia, Antía Otero, Rosalía Fernández Rial, Rosalía de Castro, Gisneide Nunes Ervedosa, Sergio Godinho e o último traballo Treides comigo!, unha actualización de cantigas da lírica medieval galego-portuguesa dende o punto de vista do trobador contemporáneo. Código QR

Mércores 16 de marzo de 2022 ás 19:45 no Salón de actos.
https://xoancuriel.com/

Organizan os Departamentos de galego, italiano e o EDLG.

Presentación de 'Elos. Voluntariado de Intercambio Lingüístico'

Cartel ElosElos é un programa do Concello de Santiago para facilitar o contacto entre persoas que desexan aprender e practicar o galego e persoas que queiran colaborar con elas.

Pola súa vez, quen aprende galego, se é o caso, pode ensinarlle outra lingua á persoa que está a axudala. Ademais podes participar de balde en actividades complementarias como visitas a museos e rutas guiadas.

Mércores 9 de marzo de 2022 de 19:30 ás 20:30 no Salón de actos.

Distribuir contido