Bravas é a súa última produción teatral sobre mulleres sen medo, mulleres que forman parte dun valeroso clan, o clan que elas mesmas paren, amamantan, manteñen, constrúen cos alicerces da rebeldía, da rebelión, da ilusión, do inconformismo, da valentía, da xustiza social, da empatía, da humanidade.
Xoves 6 de maio de 2021 ás 19:30 en Webex.
Organiza o EDLG e Departamento de galego.
Neste encontro Anxo Moure falará de cinema palleiriso, sostibilidade e cultura no rural.
Xoves 15 de abril de 2021 ás 16:30 en Webex.
Con Daniela Ferrández, historiadora e activista LGBTI.
Xoves 18 de marzo de 2021 ás 18:00 en Webex https://eduxunta.webex.com/meet/kerdudo
Organiza o EDLG
Sexta feira 22 de xaneiro de 2021 ás 19:00 en Webex.
"O Carvalho Calero lingüista: da sua gramática ao seu reintegracionismo", con Eduardo Maragoto, Presidente de AGAL.
Participa no certame Recitando Carvalho Calero. Escolle un poema do autor homenaxeado polas Letras Galegas 2020, grávao e envíao antes do 31 de marzo de 2021. Haberá premios para os 10 primeiros videopoemas! https://flipgrid.com/fd00492d
Reunión do Club de lectura do Equipo de dinamización da lingua galega e do Departamento de galego para falarmos do libro de Noa Pérez González O ocaso da familia Portela (Editorial Barbantesa), coa participación da autora.
Xoves 28 de xaneiro de 2021 das 18:00 ás 19:30 en Webex.
Apúntate! Manda un correo á coordinadora, ikerdudo@eoisantiago.org.
Gústache a lingua galega? Queres participar nas actividades culturais como aRitmar ou o club de lectura? Manda un correo electrónico á coordinadora ikerdudo@eoisantiago.org.
Mércores 25 de novembro de 2020 de 12:00 ás 13:30 en Webex.
Apúntate ao club de lectura, con esta novela negra, a viaxe está asegurada!
A filla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co balbordo da outra beira... Despois de Ollos de auga e A praia dos afogados, o famoso Leo Caldas volve coa nova obra de Domingo Villar, O último barco.
Mércores 29 de abril 2020 ás 17:00 horas na biblioteca.
Visita a exposición galego-francesa sobre o Entroido e o Mardi gras en distintos lugares de Galicia e de Francia. Busca as similitudes e as diferenzas! Goza do Entroido!
Todo o mes de febreiro no primeiro andar da escola
Organiza EDLG , departamentos de galego e de francés