Club "Amigas e amigos de Daniel"

O SEÑOR MAGO E A FOLLA

DANIEL CONVIDOU ÁS SÚAS AMIGAS E AMIGOS A PASAR A MAÑÁ DO DÍA 29 DE NOVEMBRO NA SÚA BIBLIOTECA.

OBRADOIROS DE PLÁSTICA, ACTIVIDADES MUSICAIS E CONTACONTOS XIRARON AO REDOR DA FERMOSA HISTORIA DE "O SEÑOR MAGO E A FOLLA". ESTE LIBRO E MÁIS  TOÑO NUÑEZ, O SEU AUTOR,  ASUMIRON O MANDADO DE DANIEL  DE  ENCHER DE POESÍA A SÚA BIBLIOTECA E NOSO CORAZÓN.

DÍA DA BIBLIOTECA

HOXE É O DÍA DA BIBLIOTECA.

DANIEL TEN A SÚA AÍNDA EN OBRAS, PERO NON POR ISO HAS DE DEIXAR DE PODER FESTEXALO ! AS BIBLIOTECAS DE AULAS DO CRA E A BIBLIOTECA MUNICIPAL ESTÁN AGARDANDO POR TI , EN RIANXO COS CONTOS DE PABLÍSIMO A PARTIR DAS 18:30 HORAS !

 E XA QUE ES AMIGA E AMIGO DA BIBLIOTECA DE DANIEL, POR QUE NON APROVEITAS O DÍA PARA SELO TAMÉN DA BIBLIOTECA DO CONCELLO, A BIBLIOTECA CASTELAO? ANÍMATE, PIDE O TEU CARNÉ  E... FELIZ DÍA !

DANIEL ESTÁ DE VOLTA!

Benqueridos amig@s!

Despois dun longo verán estou de volta convosco! Que ledicia vervos a tod@s de novo nas escolas. Sei que moit@s de vós tedes ganas de vir á biblioteca, pero nestes momentos estámola arranxando, xa que de tanto disfrutala estaba xa moi velliña. Pero prométovos que cando a vexades de novo, pagará moito a pena a espera!
Polo momento, estou desexando que me presentedes a tod@s os vosos novos amig@s de 3 anos! E para iso déixovos aquí este bonito video sobre min e as cousas que fixen, para que me presentedes aos nov@s amig@s!
Benvid@s de novo e moitos moitos bibliobicos para tod@s!

Daniel.

 

ARRIBA LIMONES

Grazas á transmisión oral o cancioneiro popular galego perviviu na memoria colectiva.

Minia compartiu con nós esta fermosa cantiga nun curso escolar especialmente enriquecido co noso patrimonio.

Aula de 4 e 5 anos.

ESCOLA ROSALÍA DE CASTRO

ESCOLA ROSALÍA DE CASTRO, PROMOVIDA POLA "SOCIEDAD HIJOS DE TARAGOÑA",
BÓS AIRES, 1929.

http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/edicion/extras/dc56ef_doc_164_01.pdf

PIONEIRAS

Por segundo ano consecutivo o noso centro celebrou o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, adicándolle a Sesión de Biblioteca e Música do 2º trimestre. Se ben o ano pasado nos centrabamos na figura da muller científica, este ano adicamos a sesión ás mulleres pioneiras. Dentro das diversas actividades desta xornada, dende a nosa  ANPA Irmáns  Insua organizouse un obradoiro de pintura onde os nosos nenos e nenas deron forma ás figuras destas mulleres que abriron camiño. Como colofón a esta xornada tan especial mañá, no Auditorio Municipal de Rianxo, inaugúrase a exposición PIONEIRAS, onde se expoñen as pezas que crearon os nosos nenos e nenas. Dende o CRA  queremos dar as grazas a todas as persoas que fixeron isto posible  e invitamos a todo o mundo a que se pase polo auditorio a ver a exposición.

O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER CON DANIEL

O VINDEIRO 9 DE MARZO O VOSO AMIGO DANIEL ESPÉRAVOS NA SEDE DE ASADOS PARA CELEBRAR A SESIÓN DE BIBLIOTECA DESTE SEGUNDO TRIMESTRE,  A CAL ESTARÁ RELACIONADA CO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. MIRADE QUE PROPOSTAS NÓS TEN! ADEMÁIS CONTAREMOS CON OUTRAS SOPRESAS. 

ROSALÍA: ABRIDE A FIESTRA!

ESCOITADE A VOZ DE ROSALÍA:

"ABRIDE A FIESTRA, QUE QUERO VER O MAR"

ABRIDE A FIESTRA ! QUE SAIA A SÚA POESÍA E QUE ENTRE A POESÍA DO MUNDO !

ABRIDE A FIESTRA !

"Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.

 Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á redefinición do que a historia dos homes fixo de mulleres irreverentes coma ela.

 Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por facer. Un mundo que se abre se o abrimos."

María Reimóndez

Distribuir contido