PRIMEIRA SESIÓN DE BIBLIOTECA DO CURSO ESCOLAR 2021-2022

A semana do 16 ao 20 de novembro os alumnos/as do CRA de Rianxo puideron disfrutar da primeira sesión de biblioteca deste curso 2021-2022.

Nesta ocasión , puidemos disfrutar con David e María de Arenaria dunha charla sobre oceanografía, e dun contacontos coas profes Carla e Itziar que nos contaron o conto "El mar que más quiero". rematamos a sesión decorando uns peixes para o mural do fondo do mar da biblioteca de Daniel e como agasallo por decorar a nosa biblio, Daniel obsequionos cuns marcapaxinas moi especiais.