2020-2021

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-2022

O día 01 de marzo de 2021 dará comezo o proceso de admisión de alumnado para o curso 2021-2022, establecéndose os seguintes prazos:

  • Do 1 ao 22 de marzo de 2021: prazo de presentación de solicitudes de admisión (alumnado novo que pretenda vir ao CRA de Rianxo).

  • Antes do 25 de abril de 2021: publicación de listaxes provisionais (admitidos e non admitidos).

  • Antes do 15 de maio de 2021: publicación das listaxes definitivas (admitidos e non admitidos).

  • Do 20 ao 30 de xuño de 2021: formalización de matrícula.

 

NON O DUBIDES E VÉN AO CRA DE RIANXO..... MÁIS QUE UNHA ESCOLA!

 

 

O alumnado que desexe matricularse no CRA de Rianxo presentará os seguintes documentos:

  • Impreso de solicitude de admisión para novo alumnado ED650B (descargar aquí ou facilitado nas escolas do CRA).

  • 3 fotos de carnet.

  • Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a (se o ten).

  • Certificado médico de vacinación e de non padecer ningunha enfermidade infectocontaxiosa.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, no seu caso.

 

PRAZO DE SOLICITUDES: do 1 ao 22 de marzo de 2021, na sede do CRA de Rianxo (en Asados), no seguinte horario:

Luns: de 09:30 a 10:30 h.

Martes de 12:15 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h.

Mércores: de 09:30 a 14:00 h.

Xoves: de 09:30 a 10:30 h e de 12:30 a 14:00 h.

Venres: de 09:00 a 14:00 h.

Lembrar que se debe solicitar cita previa nos teléfonos: 629650523 ou 981863305, ou no enderezo: cra.rianxo@edu.xunta.gal

 

Máis información na seguinte ligazón de solicitude de admisión do alumnado

CONTOS DA BIBLIOTECA DE DANIEL: Parece unha rosa.

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

Chegou o entroido!!

A pesar de que este ano non nos puidemos xuntar co resto de escolas, nin convidar as familias da maneira que nos gustaría, non perdimos a ilusión! Cancións, pasarrúas, merendola para repoñer forzas e xogos!
Unha xornada estupenda chea de diversión! Está claro que este ano é diferente, pero unha das razóns é porque celebramos as festas con máis ganas que nunca!
Feliz entroido a todos/as!!
 
 
 
 
 
 

O GALO PINTO

ADEMAIS DO CONTO, VELAÍ VOS VAI UN
BURRO,

BRINCADEIRA DO ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO

Martiño, Lucas, Ander, Martina, Candela, Lucía, Martín, Manuel, Thiago e Sol contan
O galo Pinto (A Nosa Terra. Contos populares) con deseños de Pepe Carreiro.

Proxecto "Fíos de palabras"

CONTOS DA BIBLIOTECA DE DANIEL: Elmer

30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz

 

1ª XORNADA DE FORMACIÓN DO CLUB DE CIENCIA.

O pasado martes 19 de xaneiro tivo lugar no Local Social de Asados a primeira xornada de formación do Club de Ciencia. Estivo con nós José Manuel Viñas para falarnos de como abordar a ensinanza da ciencia nas aulas de infantil e de como adaptar o método científico a través de distintas experiencias:

 

                 

 

Logo mostrounos un montón de experimentos que podemos facer nas aulas con todo o noso alumnado:

 

        

 

Grazas José Manuel, pasámolo moi ben e aprendimos un montón.

Distribuir contido