2020-2021

20ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: IMÁNS E ELECTRICIDADE

Na sesión do club de ciencia desta semana aprendemos sobre os imáns e a electricidade, puidemos experimentar e manipular un montón de cousas chulas!! Comprobamos como os imáns se poden atraer ou repeler...e que os hai de máis e menos "forza".

       

Tamén aprendemos un montón sobre electricidade, fixemos un circuito eléctrico e foi xenial observar como colocando os cables correctamente á pila e á bombilla... facíase a luz!!

        

Pasámolo súper ben! Ata a próxima!

19ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: CONSTRUIMOS

Nesta sesión do noso club de ciencia traballamos con bloques de construcción para poñer a proba a nosa imaxinación!

        

Fixemos retos a través dos que, cun tempo limitado; construimos diferentes formas seguindo as normas marcadas por María e David.

     

 

Como sempre pasámolo moi ben e entrenamos moito a nosa mente! Ata a próxima!

 

18ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: COÑECEMOS A NOSA CONTORNA

Esta semana no club de ciencia convertímonos en biólogos e botánicos para coñecer a fauna e a flora da nosa contorna.

        

Aprendemos moitas cousas sobre os animais e as plantas que viven e crecen nos montes e nos entornos naturais de Rianxo a través de xogos, láminas e mostras.

    

Pasámolo moi ben e aprendimos un montón sobre a biodiversidade da nosa terra. Ata á próxima!

PFPP CRA DE RIANXO 2020-2021

ACTIVIDADES E MATERIAIS ELABORADOS NO PFPP

Convocatoria do Fondo Solidario de libros de texto, axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria. Curso 2021-2022

Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/2022 (código de procedemento ED330B).

Prazo de presentación de solicitudes: do 21 de maio de 2021 ao 22 de xuño de 2021.

As solicitudes presentaranse no centro onde o alumno/a estea matriculado no vindeiro curso 2021-2022. Os nenos/as que marchan este ano deberana entregar nos centros receptores.

Horario de presentación das solicitudes na sede do CRA de Rianxo (Asados):martes de 12:30 - 14:00 h; mércores de 09:30 - 14:00 h; venres de 12:00 a 14:00 h.

Modalidade de presentación de solicitudes:

  • Por vía electrónica:

              Mediante a aplicación informática "fondolibros"

  • Por vía presencial, no centro:

              Enlace ao documento: Anexo I e Anexo II

              Enviaranse estes anexos ás escolas mediante as titorías.

 

 

Máis información na seguinte ligazón

SESIÓN DE BIBLIOTECA 2021

      Neste ano especial, non puidemos ter as xuntazas desexadas como en anos anteriores. Pero dende a Biblioteca de Daniel quixemos igualmente agasallar aos nosos cativos e cativas cunha xornada diferente. Por iso, como despedida do segundo trimestre, decidimos invitar a tódalas escolas a que asistiran a unha sesión de biblioteca. Como estivemos traballando o camiño de Santiago co proxecto de Voz Natura, dende a biblio decidimos facer a nosa pequena aportación e basear a sesión na Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla. 

Primeiro descubrimos cousas sobre o Camiño de Santiago a partires do conto "Bo camiño, Valentiño", que nos representou a profe Carla. En relación a isto fixemos uns crebacabezas relacionados coas personaxes do Xacobeo. A continuación descubrimos que na biblioteca hai unha impresora 3D e estivemos vendo como é o seu funcionamento. A profe Carla fíxonos entrega duns chaveiros coas nosas iniciais elaborados na propia impresora, os cales decoramos e levamos de recordo. Por último, tivemos un ratiño de lecer desfrutando dun tempo de lectura.

Foi unha xornada xenial!!!!

 

CONTOS DA BIBLIOTECA DE DANIEL: Avós

17 de maio, Día das Letras Galegas

 

CONTOS DA BIBLIOTECA DE DANIEL: ¿Qué le pasa a Uma?

2 de maio, Día Internacional Contra o Acoso Escolar

 

Distribuir contido