2020-2021

9 DE MAIO DE 2021: DÍA DE EUROPA

 

Ao longo de esta semana estivemos conmemorando o Día de Europa, que se celebrará o vindeiro 9 de maio.

Achegamos ao alumnado a Europa empregando pezas de construccións; as cales fomos descompoñendo ata descubrir os diferentes paises.

Simbolizamos o noso pais e a nosa comunidade con distintas pezas, ata descubrir a nosa localidade: Rianxo.

Para finalizar estivemos investigando sobre algúns dos monumentos máis caracteristicos de Europa: Catedral de Santiago, Torre Eiffel, Átomo de Bruselas...

 

 

CIENCIA NA ESCOLA: PROXECTO VERMES DE SEDA

Ao longo dos últimos meses en tres das nosas aulas estase a desenvolver un proxecto científico común. Os nosos compañeiros e compañeiras das escolas de Quintáns, Pazo e Rosalía de Castro de Cruceiro están traballando nas súas aulas un proxecto sobre a evolución dos vermes de seda, dende que nacen dos seus ovos ata que se converten en bolboretas.

              

Os nosos compañeiros e compañeiras están moi pendentes dos seus vermes: xa que hai que alimentalos e coidalos. Tamén hai que observalos para documentar a evolución dun xeito científico. A través desta observación descubriron moitas cousas: que cando estan en estado de eiruga, os vermes de seda son supervoraces, comen moitísimo e crecen moi rápido, encántanlles as follas do moreira!! Logo tamén descubriron que para pasar ao estado de bolboreta elaboran os seus propios casulos onde permanecen durante un par de semanas para saír convertidos en bolboretas brancas.

              

Encántanos o voso proxecto compañeiras e compañeiros, noraboa! Seguide investigando!

 

 

17ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: AZUCRE E REFRESCOS

Esta semana no noso club de ciencia falamos dos refrescos e do azucre. Empezamos falando dos distintos tipos de azucre que hai, moreno, blanco, que é o azucre refinado?... Aprendemos que alimentos teñen azucre beneficioso para o noso corpo (porque o azucre como outros alimentos é necesario para o noso corpo e o noso desenvolvemento) e cales conteñen azucre que non nos aporta nada e que non deberíamos consumir de xeito habitual. Entre os alimentos deste último grupo destacan os refrescos. Así que experimentamos cos refrescos e cos seus compoñentes para descubrir por exemplo como se consiguen as burbullas que nos fan cóxegas e nos gustan tanto cando os bebemos.

            

Fixemos tamén un experimento de quentar un refresco de cola nunha sartén e descubrimos que a auga se evapora e o que queda é unha pasta de cor negra... todo o azucre da lata de refescro!!! Descubrimos que cada lata de refresco contén uns 35 gramos de azucre o equivalente a seis azucriños dos que poñen nas cafeterías cando se pide un café. Entón cando bebemos un refresco tomamos o mesmo azucre que si nos tomaramos 6 cafés!!!

     

Así que xa sabedes compañeiros e compañeiras ollo cos refrescos! Ata a próxima!

Listaxe provisional de admitidos para o curso 2021-2022

ESCOLA 4º EI 5º EI 6º EI TOTAL EI 1º EP 2º EP TOTAL EP TOTAL
ABUÍN 2 8 1 11 5 1 6 17
OUTEIRO 7 4 5 16 -- -- -- 16
QUINTÁNS 1 1 1 3 1 1 2 5
RAÑÓ 1 1 3 5 2 1 3 8
CAPELA 1 5 5 11 4 5 9 20
PAZO 1 3 5 9 6 2 8 17
CRUCEIRO 5 7 10 22 -- -- -- 22
CUVIDE 5 1 7 13 -- -- -- 13
TOTAL 23 30 37 90 18 10 28 118

Semana Do Libro

 

Entre o 19 ao 23 de Abril conmemoraremos a SEMANA DO LIBRO ; para iso na nosa biblioteca atoparedes novas propostas de lectura a maiores das actividades que levarán a cabo nas distintas escolas.

16ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: XOGANDO CON OVOS

Na sesión de onte do noso club de ciencia aprendemos a facernos preguntas sobre algo do que pensabamos que xa o sabíamos todo: o ovo! Por que os ovos son ovalados e non redondos? Somos quen de facelos xirar? Que foi antes o ovo ou a galiña?

      

Fixemos experimentos a través dos cales descubrimos que podemos facer xirar un ovo pero só si está cocido! Si está cru non!! E que si metemos un ovo nun vaso de auga afúndese, pero se á auga lle votamos sal o ovo flota!

      

Tamén aprendimos que dentro do mar poderíamos coller a mamá ou a papá ao colo porque ao flotar pesan menos e poderíamos con eles!

Pasámolo moi ben xogando con ovos. Ata á próxima!

CIENCIA NA ESCOLA: EXPERIMENTANDO COA LUZ EN CRUCEIRO

Os nosos compañeiros e compañeiras da Escola Rosalía de Castro de Cruceiro estiveron experimentando sobre a descomposición de luz branca:

      

Obtiveron imaxes tan fermosas como estas:

       

Noraboa compañeiros e compañeiras sodes uns aunténticos científicos e científicas. Quen se anima a experimentar coa luz?

Ata a próxima!

CIENCIA NA ESCOLA: ASTRÓNOMOS EN QUINTÁNS.

Os nosos compañeiros e compañeiras da escola de Quintáns estudaron o movemento de rotación do noso planeta. Ehh... en que consiste este movemento preguntas? Pois que a Terra xira sobre sí mesma, este movemento fai que se sucedan os días e as noites. 

Os nosos compañeiros de Quintáns fixeron a seguinte simulación:

    

colocáronse nun lugar da escola no que non había xanelas para poder apagar a luz e quedar as escuras. Simulando a luz do Sol ca linterna dun móbil puideron experimentar como se produciría este movemento no espazo utilizando un globo terráqueo. que vos parece? alguén quere probar?

Moitos bicos para os nosos astrónomos e astrónomas de Quintáns!

Ata a próxima!

Distribuir contido