2020-2021

8ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA: SE ENTERRO UN OSO NA HORTA E DEIXO QUE PASEN "OS ANOS", CONVÍRTESE NUN FÓSIL?

Nesta sesión do club falamos sobre animais prehistóricos. Fixemos un repaso pola historia do planeta a través dun conto, e coñecemos animais prehistóricos que todavía seguen vivos!! Algúns deles máis antigos que os mismísimos dinosaurios!

                             

 

Para completar a actividade fixemos unha manualidade na que eleboramos unha réplica dun fósil en xeso e levámola para a casa!

 

        

        

 

Estivo con nós Marta unha futura pedagoga que este curso remata os seus estudos de grado na Universidade de Santiago. Asistirá ao noso clube porque lle interesa  coñecer como funcionan as actividades, o que aprendemos e como aprendemos e sobre todo porque pode axudarnos con cousas que ela estuda! Está facendo as prácticas con Arenaria para conseguir o seu título da Universidade.

 

     

Ben esperamos que vos guste esta actividade. Ata a próxima!

CONTOS DA BIBLIOTECA DE DANIEL: Un chocolate moi especial

30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz

 

 

 

UN GLOBO VERMELLO

VERSIÓN  REALIZADA POR JOEL, XANDRE, ANTÓN, HELENA, HUGO,  MARIO, EIRA, MATEO, AMATH E ELISA.

UN GLOBO VERMELLO. IELA MARI. EDITORIAL KALANDRAKA.

Proxecto: "Fíos de palabras. Contos impresos e de tradición oral"

DINOSAURIO BELISARIO

BELISARIO ERA UN FEROZ DINOSAURIO,  VERDE, BRANDO, GORDO, ENORME,
E VESTÍA UN UNIFORME GRIS-MARRÓN DE MILITAR QUE USABA PARA MANDAR.
BELISARIO ERA O TERROR EN TODO O MUNDO AO REDOR 
Dinosaurio Belisario. Pepe Cáccamo e Carles Arbat. Editorial Kalandraka.

"El libro oído, visto, tocado, olido, el desciframiento emocional-oral-sensorial,
el libro-lectura compartida con otro, ayudará al niño en su contacto posterior con la letra impresa, motivando una lectura gozosa"
Ana Pelegrín (La aventura de oír)

Proxecto: "Fíos de palabras. Contos impresos e de tradición oral"

CONTOS DE NUNCA ACABAR

 O conto do gaiteiro
que ía polo monte,
  queres que cho conte?

 Este é un gato
coas orellas de trapo 
e a barriga do revés.
Cóntocho outra ves?

     Queres que che conte      
  o conto da boa pipa?

   Este é o conto de nunca acabar,  
   queres que cho volva contar?

Proxecto: "Fíos de palabras. Contos impresos e de tradición oral"

O PRIMEIRO TRIMESTRE NA AULA DE PAZO INFANTIL CURSO 2020-2021

 

Estimadas familias,

O primeiro trimestre chegou ao seu fin. Que rápido pasou!! Tiñamos moitas ganas de volvernos reencontrar despois de tantos meses nas casas. E aínda que dende comezos de setembro sabiamos que ía ser un curso un tanto diferente debido á nova realidade que nos está tocando vivir, as nosas ilusións e ganas de volver a compartir momentos xuntos/as eran se cabe máis grandes que ningunha outra vez.

Volver á escola supuxo para todos/as en parte volver un pouco á “normalidade” que tanto botabamos de menos, e aínda que houbo moitos cambios en comparación ao curso pasado, de novo, quedou demostrado, que somos uns auténticos/as campións e campioas pois superamos con creces os novos retos que nos tocou afrontar e fomos capaces de adaptarnos a eles sen case ningún tipo de dificultade!

Foron uns meses moi intensos repletos de moitas anécdotas, experiencias, aprendizaxes, e sobre todos moitas risas, e bos momentos.

Unha vez máis, para facervos partícipes do que vivimos, gustaríanos compartir convosco algúns deses momentos, e así achegarvos, un pouquiño máis, ao día a día da nosa aula.

 

Aínda que a día de hoxe xa nos coñecemos todos e todas, imos aproveitar para presentarnos e darvos a benvida, unha vez máis, á nosa aula, da que tamén formades parte indispensable.

 

                              

 

No mes de setembro tivo lugar o reencontro que tantos meses levabamos esperando. Foron uns días cheos de cambios para todos/as, e de primeiras veces para outros/as. A maior parte de nós xa nos coñecíamos, e démoslle a benvida aos nenos/as de 3 anos, intentando dende o primeiro día que se sentisen moi a gusto no cole.

Un dos cambios máis significativos co que nos atopamos na aula, en comparación ao ano pasado, foi que dende o primeiro día a distribución da mesma estaba organizada en 4 equipos diferentes. E cada equipo estaba conformado por un número determinado de nenos/as. Do mesmo xeito, a distribución dos materiais tamén estaba cambiada, e cada equipo tiña asignado na aula un espazo determinado para os seus materiais. Ante estes novos cambios, para facilitar a organización do día a día, decatámonos de que cada equipo precisaba ter un nome e unha imaxe asignada, e esa foi unha das nosas primeiras tarefas: os membros de cada equipo pensaron e dialogaron acerca de posibles nomes que lles gustaban e seguidamente escolleron unha foto para asignarlle ao seu equipo.

 

O resultado foi o seguinte: 

                                                                                   

 

 Ao longo das primeiras xornadas levamos a cabo diferentes xogos e dinámicas de presentación, para que os nenos/as de 3 anos nos fosen coñecendo, e empezamos a interiorizar as diversas rutinas establecidas durante a xornada, e as novas formas de organizarnos (espazos establecidos para cada equipo: zonas de traballo, perchas, zonas na asemblea...).

Como podedes ver, tanto na aula coma no patio, non non quedou ningún recuncho por descubrir.

 

             

 

                                                                     

 

 Unha vez superado o mes de setembro, e con el o período de adaptación que supuxo para todos/as debido aos cambios establecidos, seguimos avanzando no trimestre, e adquirindo pouco a pouco novos logros e obxectivos.

Así pois os nenos/as de 3 anos, coa axuda dos compañeiros/as de 4 e de 5 anos iniciámonos pouco a pouco no coñecemento das  LETRAS, as cales se foron presentando non só pola súa grafía, senón tamén polo seu son. Partindo pois, de palabras significativas para todos/as nós como son por exemplo o noso propio nome,  e os nomes dos nosos/as compañeiros/as da escola, así como tamén os dos nosos familiares e amigos/as máis próximos; os días da semana; os carteis da aula; ou os títulos dos contos...; levamos a cabo numerosas actividades: contar o número de letras, ver cal é a letra do inicio e a do final, recoñecer as letras iguais, representar a súa grafía, identificar as letras polo seu son...

De igual xeito, os nenos/as de 4 e 5 anos seguimos avanzando no proceso da LECTOESCRITURA, a través tamén de diferentes actividades lúdicas e significativas como por exemplo: os bingos de letras; discriminación auditiva clasificando pictogramas ou imaxes en función da letra correspondente pola que comece cada palabra; composición de palabras; conteo das sílabas que conforman unha determinada palabra; conteo de vogais e consoantes diferenciando cales son unhas e outras...

 Nas seguintes fotos podedes ver algunha desas actividades.

 

                      

 

                     

 

                       

 

                     

 

                     

 

                      

 

                        

 

                       

 

                        

 

O PRIMEIRO TRIMESTRE NA AULA DE PAZO INFANTIL CURSO 2020-2021

 

A través do método ABN (Método Aberto Baseado en Números), os nenos/as de 3 comezamos a introducirnos nos CONCEPTOS LÓXICO-MATEMÁTICOS, e os nenos/as de 4 e 5 anos seguimos avanzando e experimentando, a través de actividades manipulativas, coa serie numérica, o conteo, a correspondencia, a asociación entre grafía e cantidade, as unidades e decenas,  o tableiro do 100, os amigos do 10 etc. Outras actividades significativas levadas a cabo foron as de pesarnos, medirnos e mirar o nº do noso calzado. 

 

                   

 

                   

 

                    

 

                    

 

                    

 

                 

 

 

                             

 

                                

 

                                 

 

                                  

 

                                                                                  

 

                                  

 

                                 

 

                                

 

                                

 

                                                                              

 

Ao par de todo isto, tamén lle dedicamos tempo ao noso ESQUEMA CORPORAL, o cal imos tendo cada vez máis interiorizado, tal e como se reflicte nas nosas representacións. 

 

                                                                

 

                                                                

 

O presente curso tamén lle demos continuidade ao TALLER DE GRAFOMOTRICIDADE CREATIVA que iniciamos o ano pasado. Os nenos/as de 3 anos iniciáronse nos trazos, concretamente os verticais e horizontais, dado que son os trazos que están presentes en case todas as letras que escribimos (maiúsculas). Con eles levamos a cabo diversas actividades: construílos sobre superficies amplas con obxectos e materiais da aula, trazalos na lousa con rotulador, representalos sobre papel con diferentes elementos... Pola súa parte os nenos/as de 4 e de 5 comezaron a representar algunhas formas xeométricas, en concreto o cadrado. Tamén realizamos algunha que outra creación aproveitando elementos naturais propios do outono como por exemplo as follas das árbores.

 

 

                      

 

              

 

                                                               

 

                                         

                                               

 

                                                                           

 

                       

 

                     

 

 Cantas cousas!

Como xa sabedes, este ano o noso PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (PDI) xira en torno aos contos e leva como título “Fíos de palabras (contos impresos e de tradición oral)”. Así pois, partindo desta temática comezamos a analizar máis detidamente os contos que temos na aula cada vez que lemos algún, parándonos a mirar e observar cales son as súas partes: portada, contraportada, follas...; onde está o título; quen é o autor/a do conto; personaxes...

Aproveitando isto levamos a cabo unha actividade que o ano pasado xa nos gustara moito, e que quixemos repetir pero este ano modificando en parte o contido da mesma. Dita actividade é a dinámica da “Maleta”. Cada un de nós levou dita maleta á súa casa e despois de ler as instrucións que ían dentro coa familia, ao día seguinte levámola á aula con 3 cousas nosas que nos gustaban ou nos identificaban (por exemplo unha foto da nosa familia, o noso xoguete favorito, algún obxecto de cando eramos bebés...).

Este ano tratamos de relacionar dita dinámica co PDI, de tal xeito que unha das 3 cousas que tiñan que ir na “maleta” era o noso conto favorito para lerllo aos nosos compañeiros/as. Con dita actividade descubrimos moitas cousas acerca dos gustos e intereses de cada un/a, así como experiencias persoais e recordos, o que permitiu que nos coñezamos máis e que crearamos un maior vínculo de amizade.

 

             

O PRIMEIRO TRIMESTRE NA AULA DE PAZO INFANTIL CURSO 2020-2021

Ao longo do trimestre tampouco nos esquecemos de festexar os ANIVERSARIOS dos nenos/as que cumpriron un ano máis. E para iso, continuamos levando a cabo o ritual da “celebración da vida”, ao estilo Montessori. Para dito ritual colocamos o noso tapete no chan no cal aparece representado o sol, e os nomes dos 12 meses do ano (de diferentes cores, dependendo da estación á que pertenzan). O neno ou nena que está de aniversario colle na man o globo terráqueo, e colócase ao lado do mes no que naceu. Entón comezamos a explicar que naceu “x” día nese mes, e poñemos a primeira foto de bebé ao lado do nome do mes e o neno/a comeza a camiñar ao redor do tapete a medida que explicamos que mentres que van pasando os meses ese bebé vai medrando ata cumprir un ano (momento no que volve estar ao lado do mes no que naceu), e nese momento colocaríamos a foto de cando cumpriu o 1º ano de vida, e así sucesivamente ata chegar ao nº de anos que cumpre na actualidade. Durante ese proceso tamén explicamos que un ano, é o tempo que tarda a terra en dar a volta ao sol, e que durante ese tempo se van sucedendo as 4 estacións.

Esta celebración gústanos moito, pois fai que nos sintamos protagonistas no noso día e que poidamos compartir cos nosos/as compañeiros/as momentos moi significativos da nosa vida, sendo conscientes ademais de todos os cambios que se produciron dende o momento do noso nacemento ata o día de hoxe.  

E posto que este ano tivemos que suprimir da celebración o ritual de soprar as velas, algo que sempre nos gustaba moito, introducimos un pequeno cambio: o neno/a que está de aniversario recibe unha pequeniña sorpresa que ten que coller na “nosa caixa misteriosa”. É un momento que nos intriga moito e ao mesmo tempo nos fai moita ilusión!

                              

 

                                

 

Este curso máis que nunca incidimos tamén na importancia de alimentarnos dunha forma saudable para contribuír desta forma ao benestar da nosa saúde, e para manter ao mesmo tempo as nosas defensas moi altas. Así pois, tratamos de concienciarnos da importancia que ten o consumo de froita no noso día a día, e aínda que non a todos/as nos gustan da mesma forma, todos/as estamos intentando acompañar as nosas merendas diarias cunha peza de froita. En relación a isto, colocamos na aula un panel, o panel do “Club da froita” no que levamos a cabo un rexistro diario, sempre e cando comemos a peza de froita que traemos. Cada día estamos máis motivados/as, e xa houbo varios compañeiros/as que conseguiron completalo!! E como recompensa a dito logro recibimos unhas medallas moi particulares!

                                                                              

 

Este ano sen dúbida unha das cousas que máis botamos de menos foron as xuntanzas e as xornadas en conxunto co resto de escolas do CRA, así como tamén as saídas e excursións que tanto nos gustaban.

Para compensalo, a nivel de escola un día fixemos unha saída aos arredores da Praia da Torre. Alí puidemos recoller follas e facer algún que outro xogo.

                                                                             

 

                                 

 

Pero a pesares disto, tivemos a gran sorte de poder participar no “PROXECTO COIDARMOS” levado a cabo pola asociación AVOAR. Así pois dende o mes de outubro, cada dúas semanas, tiñamos unha cita con eles/as na escola para levar a cabo diversas actividades nas que traballamos diversos contidos en relación aos roles de xénero, ás emocións, igualdade de xénero, formas de discriminación e de violencia...

 Durante a primeira sesión, coñecémonos a través duns xogos de presentación e logo levamos a cabo unha creación artística completando unhas siluetas humanas con diferentes elementos, dando renda solta aos nosos gustos. Como remate da sesión fixemos unha valoración da mesma.

                              

 

                               

 

Durante a segunda sesión, abordamos as diferentes emocións a partires do conto “Bágoas debaixo da cama”. Falamos de como se sentía o protagonista do conto, e tamén analizamos diversas situacións da nosa vida mesma, e as emocións que nos xeran. Por último, fixemos valoración da sesión.

                                                                          

 

Durante a terceira sesión, os mozos/as da asociación AVOAR contáronnos o conto de “Artur e Clementina”, e a partires del analizamos e reflexionamos como se sentía a protagonista, ante o maltrato e a violencia de xénero “silenciosa” recibida por parte de Artur. Así mesmo, tamén falamos da importancia de expresar aos demais en todo momento aquilo que non nos gusta, ou que non nos fai sentir ben. Despois da lectura do conto, creamos as nosas propias Clementinas con diversos materiais, as cales nos quedaron chulísimas! Posteriormente valoramos a sesión. Por outra parte, en relación a esta sesión, pasados uns días recibimos unhas postais de Clementina nas que nos agradecía o bo trato que tivemos cara a ela, e o contenta que estaba polas cousas bonitas que lle dixemos. Fíxonos moita ilusión lelas!

 

             

 

                                         

 

 

Durante a cuarta e última sesión falamos dos coidados e da violencia, tratando de diferenciar diversas situacións que nos presentaban en función de se eran coidados ou violencia. Logo a cada equipo repartíuselle unha determinada emoción, e cada un/unha de nós pintou un debuxo no que aparecía reflectida dita emoción. Para rematar valoramos a sesión e démoslle as gracias a asociación por todas as cousas que nos ensinaron e que aprendemos durante todas as sesións con eles/as. Pasámolo moi ben!!

 

            

 

                                          

 

 

Durante este primeiro trimestre tamén levamos a cabo algunha que outra CELEBRACIÓN E CONMEMORACIÓN.

Así pois a primeira delas, foi a celebración do MAGOSTO, na que pasamos unha xornada moi animada levando a cabo diversos xogos en común como por exemplo: xogos de destrezas e habilidades, os zancos, relevos con culleres... Tamén gozamos dunha merendola a cargo de doces caseiros, etc. proporcionados polas familias, así como tamén das ricas castañas asadas.

                  

 

                   

 

Outra celebración que tamén nos gustou moito, foi a do SAMAÍN. Durante esa semana levamos a cabo un taller de decorado de cabazas, e tamén nos disfrazamos de cousas terroríficas!

 

              

 

                

 

 

                   

 

                  

 

O 25 de novembro conmemoramos o Día internacional contra a violencia de xénero, e para iso fixemos unhas tarxetiñas, nas que a través de debuxos representamos aquelas cousas que podemos facer tanto homes como mulleres, nenos coma nenas, avós como avoas, etc. de forma que todos/as independentemente do xénero ao que pertenzamos nos poidamos sentir ben e felices.

 

                                  

 

 

                  

 

                  

 

 

E xa para cerrar o trimestre, durante as últimas semanas de cole, estivemos facendo algunha que outra manualidade de NADAL para decorar un pouco a escola.

 

Tamén elaboramos unha carta (postal) para os nenos/as doutra escola do CRA, pois xa que este ano non tivemos a oportunidade de poder vernos durante o trimestre, todo o CRA levamos a cabo unha actividade de correspondencia entre as diversas escolas. Así pois, a escola á que nos lle tivemos que escribir foi á de Rañó. O carteiro veu a recollernos a carta, e de alí a uns días recibimos unhas fotos nas que a puidemos ver xa en mans dos nenos/as de Rañó. Días despois o carteiro volveunos sorprender facéndonos chegar a carta (postal) que os nenos/as de Rañó escribiran para a nosa escola. Gustounos moito!!

 

              

 

 

                                                                       

 

            

 

              

 

                                             

 

 

Por outra parte tamén recibimos unha visita moi especial, pois ata a escola desprazáronse de novo os mozos/as da asociación AVOAR, pois recibiran unha carta da “Asociación de Criaturas Máxicas” na que lles encomendaban a tarefa de percorrer as escolas do CRA cun “carro máxico dos desexos” no que tiñamos que depositar as nosas cartas, nas que previamente escribiramos os nosos desexos de cara ao ano 2021.

 

                     

 

                    

 

                                                                       

 

Vémonos á volta das vacacións, pois aínda nos quedan moitas aventuras e bos momentos que compartir. Sen dúbida, xuntos é moito mellor!

 

 

                                                                            

Distribuir contido