PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-2022

O día 01 de marzo de 2021 dará comezo o proceso de admisión de alumnado para o curso 2021-2022, establecéndose os seguintes prazos:

  • Do 1 ao 22 de marzo de 2021: prazo de presentación de solicitudes de admisión (alumnado novo que pretenda vir ao CRA de Rianxo).

  • Antes do 25 de abril de 2021: publicación de listaxes provisionais (admitidos e non admitidos).

  • Antes do 15 de maio de 2021: publicación das listaxes definitivas (admitidos e non admitidos).

  • Do 20 ao 30 de xuño de 2021: formalización de matrícula.

 

NON O DUBIDES E VÉN AO CRA DE RIANXO..... MÁIS QUE UNHA ESCOLA!

 

 

O alumnado que desexe matricularse no CRA de Rianxo presentará os seguintes documentos:

  • Impreso de solicitude de admisión para novo alumnado ED650B (descargar aquí ou facilitado nas escolas do CRA).

  • 3 fotos de carnet.

  • Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a (se o ten).

  • Certificado médico de vacinación e de non padecer ningunha enfermidade infectocontaxiosa.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, no seu caso.

 

PRAZO DE SOLICITUDES: do 1 ao 22 de marzo de 2021, na sede do CRA de Rianxo (en Asados), no seguinte horario:

Luns: de 09:30 a 10:30 h.

Martes de 12:15 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h.

Mércores: de 09:30 a 14:00 h.

Xoves: de 09:30 a 10:30 h e de 12:30 a 14:00 h.

Venres: de 09:00 a 14:00 h.

Lembrar que se debe solicitar cita previa nos teléfonos: 629650523 ou 981863305, ou no enderezo: cra.rianxo@edu.xunta.gal

 

Máis información na seguinte ligazón de solicitude de admisión do alumnado

AdxuntoTamaño
admisión en castelán.pdf1.53 MB
admisión en galego.pdf1.52 MB