Clube de Ciencia Nautilus

Conxunto de recursos relacionados co Clube de Ciencia.

2ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: "NEVE EN RIANXO"

 

 

 Esta semana no noso club tocou clase de química. María e Yoli ensináronnos a facer neve artificial partindo dun cueiro. Descubrimos por que os cueiros son tan absorbentes e por que os líquidos non escapan do seu interior: todo se debe a unha substancia química. Queres saber cal é? Non te perdas o seguinte vídeo

 

 

Os nosos nenos e nenas pasárono pipa creando e xogando ca neve artificial:

 

          

 

se queres probar...xa sabes... Ata a próxima!

SESIÓN INAUGURAL DO CLUB DE CIENCIA NAUTILUS

    

Onte, mércores 4 de novembro, tivo lugar a sesión inaugural do noso club de ciencia deste curso 2020-2021. Cada mércores pola tarde transformarémonos en científicas e científicos realizando actividades manipulativas e experimentos igual que nun laboratorio real.

              

Cada semana reunirémonos con María e David de Arenaria que compartirán con nós moitas actividades e experiencias científicas e darán resposta as nosas inquietudes achegándonos ao mundo da ciencia. 

Onte María, entre outras cousas, trouxo un nautilus, o molusco que da nome ao noso club e que se trata dun auténtico fósil vivinte. Ao final da actividade agasallounos cun pin co debuxo deste animal mariño tan singular.

       

As nosas crianzas gozaron enormemente desta actividade que se desenvolverá todos os mércores no local social de Asados e na sede do CRA. Ata a semana que ven!

Con Jose Angel investigamos os animais do bosque

A sesión de hoxe foi moi especial. Estivo con nos Jose Angel.

A Jose Angel encántalle a natureza, encántanlle os ríos e os animais.

Como o día estaba malo e non pudemos saír. fixemos varios xogos:

- Coñecer varios paxaros de peluche que nos trouxo José Angel. tiñan as cores dos paxaros reais, e ao apreixalos cantaban. Coa axuda de guías tiñamos que descubrir o mome dos paxaros, o nome común e o nome científico.

- Outro xogo consistiu en descubrir a que animais pertencían as pegadas que estaban marcadas na area.

- Para rematar José Angel ensinounos a mirar por un telescopio, para poder ver mellor paxaros ou animais que están lonxe.

Pasámolo moi ben, encantóunos a sesión que tivemos con José Ángel.

   
   
   
   

Experimentamos co aire, tamén co lume.

Hoxe María trouxo cousas para facer experimentos. Globos, tubos de ensaio, pipetas, productos de limpeza ...

   
   

Club de ciencia. Experimentamos con robots móbiles

O mércores 3 de decembro seguimos experimentando cos robots móbiles. Aprendemos mais sobre programación de móbiles.

   
   

Clube de Ciencia. Comezamos a programar

Nesta xornada traballamos co noso robot de mobil. Xa sabemos como se monta

Xa sabemos como construilo para que se mova, témos que poñerlle un motorciño electrico e unhas pilas

Hoxe aprendimos a programalo.

Podemos decirlle que avance a unha forza 12 durante 10 segundos

Podemos decirlle que pare, que acenda unha luz de cor.

Todo elo dende un ordenador

No ordenador escribimos con pictos un programa que transmitimos ao robot por medio dunha transmisión USB.

En fin, increible e emocionante, aí quedan algunhas imaxes.

 

 
   
   
   
  
   

20 de novembro, xogamos con SCORNABOTS

Hoxe xogamos cos Scornabots.

Son robots que se moven Dámoslle as ordes nos botóns

Pode andar para diante, para atras, xirar á dereita

xirar á esquerda.

As ordes dámoslle pulsando os botóns de cores

azul, verde, vermello ou amarelo

Así podemos decirlle que se movan por un

labirinto

Un xogo moi divertido é poñelos todos en fila e darlle

as mesmas ordes aos tres ... Moi divertido !!!!

13 Novembro, montamos un robot espía

O mércores 13 de novembro, fixemos dous robots, un robot espía e un robot caracol.

Da caixa das fichas imos sacanod as pezas que nos indica

o programa do ordenador

Dámoslle xeito ao noso Robót Espía

Seguimos con atención as instruccións

O noso Robot Espía montado. Cando algo se pon diante,

emite un son, ou acende unha luciña, según programemos

Temos case rematado o Robot Caracol. Que

será capaz de facer??

Montando o noso robot MILO

Como nos tiña prometido María, hoxe comezamos a montar os nosos robots.

Primeiro xogamos a facer construccións con variñas de plastico

Logo traballamos no robot Milo.

María abriu unha aplicación no ordenador e nos seguimos as instruccións da aplicación.

 

 

30 de Outubro, construimos con pezas encaixables

Xa estamos organizadas por grupos.

María, díxonos que temos que aprender a facer robots.

Monecos, ou cochiños aos que se lle pon un motorciño e logo andan solos.

A ver que somos capaces de facer.

Para esta sesión María propúxonos facer cousas coas pezas de encaixar.

Ao principio María decíanos couas que podiamos facer: cousas do mar, cousas de comer ...

Aquí tedes algunha foto do que fixemos.

María díxonos: tedes que facer un animal e tedes 2 minutos, e esto fixemos.
Iker fixo un cabaliño e Alén fixo unha vaquiña
Nun libriño poidemos ver mais modelos de cousas que se poden facer. Darío e Moraima xogan cos imáns.

 

 

Distribuir contido