Clube de Ciencia Nautilus

Conxunto de recursos relacionados co Clube de Ciencia.

20ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: IMÁNS E ELECTRICIDADE

Na sesión do club de ciencia desta semana aprendemos sobre os imáns e a electricidade, puidemos experimentar e manipular un montón de cousas chulas!! Comprobamos como os imáns se poden atraer ou repeler...e que os hai de máis e menos "forza".

       

Tamén aprendemos un montón sobre electricidade, fixemos un circuito eléctrico e foi xenial observar como colocando os cables correctamente á pila e á bombilla... facíase a luz!!

        

Pasámolo súper ben! Ata a próxima!

19ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: CONSTRUIMOS

Nesta sesión do noso club de ciencia traballamos con bloques de construcción para poñer a proba a nosa imaxinación!

        

Fixemos retos a través dos que, cun tempo limitado; construimos diferentes formas seguindo as normas marcadas por María e David.

     

 

Como sempre pasámolo moi ben e entrenamos moito a nosa mente! Ata a próxima!

 

18ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: COÑECEMOS A NOSA CONTORNA

Esta semana no club de ciencia convertímonos en biólogos e botánicos para coñecer a fauna e a flora da nosa contorna.

        

Aprendemos moitas cousas sobre os animais e as plantas que viven e crecen nos montes e nos entornos naturais de Rianxo a través de xogos, láminas e mostras.

    

Pasámolo moi ben e aprendimos un montón sobre a biodiversidade da nosa terra. Ata á próxima!

CIENCIA NA ESCOLA: PROXECTO VERMES DE SEDA

Ao longo dos últimos meses en tres das nosas aulas estase a desenvolver un proxecto científico común. Os nosos compañeiros e compañeiras das escolas de Quintáns, Pazo e Rosalía de Castro de Cruceiro están traballando nas súas aulas un proxecto sobre a evolución dos vermes de seda, dende que nacen dos seus ovos ata que se converten en bolboretas.

              

Os nosos compañeiros e compañeiras están moi pendentes dos seus vermes: xa que hai que alimentalos e coidalos. Tamén hai que observalos para documentar a evolución dun xeito científico. A través desta observación descubriron moitas cousas: que cando estan en estado de eiruga, os vermes de seda son supervoraces, comen moitísimo e crecen moi rápido, encántanlles as follas do moreira!! Logo tamén descubriron que para pasar ao estado de bolboreta elaboran os seus propios casulos onde permanecen durante un par de semanas para saír convertidos en bolboretas brancas.

              

Encántanos o voso proxecto compañeiras e compañeiros, noraboa! Seguide investigando!

 

 

17ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: AZUCRE E REFRESCOS

Esta semana no noso club de ciencia falamos dos refrescos e do azucre. Empezamos falando dos distintos tipos de azucre que hai, moreno, blanco, que é o azucre refinado?... Aprendemos que alimentos teñen azucre beneficioso para o noso corpo (porque o azucre como outros alimentos é necesario para o noso corpo e o noso desenvolvemento) e cales conteñen azucre que non nos aporta nada e que non deberíamos consumir de xeito habitual. Entre os alimentos deste último grupo destacan os refrescos. Así que experimentamos cos refrescos e cos seus compoñentes para descubrir por exemplo como se consiguen as burbullas que nos fan cóxegas e nos gustan tanto cando os bebemos.

            

Fixemos tamén un experimento de quentar un refresco de cola nunha sartén e descubrimos que a auga se evapora e o que queda é unha pasta de cor negra... todo o azucre da lata de refescro!!! Descubrimos que cada lata de refresco contén uns 35 gramos de azucre o equivalente a seis azucriños dos que poñen nas cafeterías cando se pide un café. Entón cando bebemos un refresco tomamos o mesmo azucre que si nos tomaramos 6 cafés!!!

     

Así que xa sabedes compañeiros e compañeiras ollo cos refrescos! Ata a próxima!

16ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: XOGANDO CON OVOS

Na sesión de onte do noso club de ciencia aprendemos a facernos preguntas sobre algo do que pensabamos que xa o sabíamos todo: o ovo! Por que os ovos son ovalados e non redondos? Somos quen de facelos xirar? Que foi antes o ovo ou a galiña?

      

Fixemos experimentos a través dos cales descubrimos que podemos facer xirar un ovo pero só si está cocido! Si está cru non!! E que si metemos un ovo nun vaso de auga afúndese, pero se á auga lle votamos sal o ovo flota!

      

Tamén aprendimos que dentro do mar poderíamos coller a mamá ou a papá ao colo porque ao flotar pesan menos e poderíamos con eles!

Pasámolo moi ben xogando con ovos. Ata á próxima!

CIENCIA NA ESCOLA: EXPERIMENTANDO COA LUZ EN CRUCEIRO

Os nosos compañeiros e compañeiras da Escola Rosalía de Castro de Cruceiro estiveron experimentando sobre a descomposición de luz branca:

      

Obtiveron imaxes tan fermosas como estas:

       

Noraboa compañeiros e compañeiras sodes uns aunténticos científicos e científicas. Quen se anima a experimentar coa luz?

Ata a próxima!

CIENCIA NA ESCOLA: ASTRÓNOMOS EN QUINTÁNS.

Os nosos compañeiros e compañeiras da escola de Quintáns estudaron o movemento de rotación do noso planeta. Ehh... en que consiste este movemento preguntas? Pois que a Terra xira sobre sí mesma, este movemento fai que se sucedan os días e as noites. 

Os nosos compañeiros de Quintáns fixeron a seguinte simulación:

    

colocáronse nun lugar da escola no que non había xanelas para poder apagar a luz e quedar as escuras. Simulando a luz do Sol ca linterna dun móbil puideron experimentar como se produciría este movemento no espazo utilizando un globo terráqueo. que vos parece? alguén quere probar?

Moitos bicos para os nosos astrónomos e astrónomas de Quintáns!

Ata a próxima!

15ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: SENDEIRO DO RÍO TÉ

 Na sesión desta semana fixemos unha pequena exploración do sendeiro que une a sede do CRA cun tramo do río Té. O obxectivo era observar a flora e a fauna da zona.

        

No caso da flora puidemos observar diferentes tipos de plantas con flores de cores:

      

No caso da fauna puidemos detectar certos animais que comezan a estar presentes nesta época. Fomos quen de observar bolboretas, formigas, lombrices, vacas e ovellas (domésticas que estaban a pastar), zapateiros no río e unha súper sorpresa, observamos unha rá que andaba no medio da herba!!

      

Facía bo día, camiñamos, divertímonos e aprendemos resultou unha sesión xenial!

Ata a próxima!

CIENCIA NA ESCOLA: ENTOMÓLOGOS EN CAPELA INFANTIL.

Os nenos e nenas de Capela atoparon no patio un ovo moi raro, animados pola curiosidade científica decidiron poñelo en observación na súa aula para comprobar que animal nacería de ese ovo. Chegaron á conclusión de que era o ovo dun inecto pero de cal?? o misterio tardou moi pouco en resolverse:

Era un ovo de mantis religiosa!! Pequenas mantis saíron do ovo a centos pero pouco a pouco o seu número foi mermando porque se devoraban unhas as outras! Son carnívoras !!

      

Decidiron facer unha especie de terrario para elas e buscaron no patio insectos e gusanos para darlles de comer:

   

O proxecto continúa, sorte compañeiros e compañeiras! Esperamos que algunha das vosas mantis chegue a ser adulta! 

Ata a próxima!

Distribuir contido