Clube de Ciencia Nautilus

Conxunto de recursos relacionados co Clube de Ciencia.

14ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: TIBURÓNS.

Esta semana no clube falamos de peixes e dun peixe en especial que a todos e todas nos encanta. É quizais o animal mariño máis fascinante que habita nos nosos océanos e tamén o máis temido gracias ao cine que o presenta en innumerables películas como un despiadado depredador. Xa sabes de quen se trata? Pois claro! Falamos do tiburón! 

    

Con David e María aprendemos moito sobre él. É un dos animais máis antigos que pervive no planeta dende a época dos dinosaurios, hai centos de especies distintas... e todavía queda moito por descubrir. Sabíades que con respecto a algunhas especies a día de hoxe aínda se descoñece con exactitud cantos anos vive un tiburón??

Ata a próxima!

13ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA: ASTRONOMÍA.

Na sesión de hoxe do clube de ciencia aprendimos moitas cousas sobre astronomía e corpos celestes. Sabías que a Lúa non é un planeta? 

Primeiro observamos e experimentamos para facer unha reproducción do sistema solar:

     

E por último falamos das constelacións, que son agrupacións de estrelas que debuxan formas no ceo, podemos observalas  pola noite (sempre que non haxa contaminación lumínica) votando unha ollada ao ceo, algunhas presentan formas moi curiosas.

     

Ata a próxima!

 

12ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: AUGA.

Esta semana no noso club descobrimos algunha das características da auga, o líquido máis universal, o que máis empregamos e ás veces do que menos sabemos.

      

Fixemos experimentos con pipetas e gotas de auga en monedas de céntimos e o que máis nos chamou a atención, e co que máis nos divertimos foi coas pompas. Xa saberedes que con auga e xabrón podemos facer escuma ou pompas...pero sabíades que nas pompas podes ver as cores do arco da vella? Ou que podemos pinchar unha pompa cunha palliña sin qe explote?? ou que con esa palliña podemos soprar para que se hinche ou aspirar para que se desinche?

    

Pois sí! todo iso fixemos esta semana no clube de ciencia!

Ata a próxima!

11ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: MICROSCOPIO.

Esta semana por fin puidemos retomar as sesións do club de ciencia en Asados. Para esta reinauguración do club María e David quixeron que traballáramos como verdadeiros científicos de laboratorio así que nos trouxeron un microscopio. Este aparello permítenos ver cousas minúsculas que non somos capaces de ver a simple vista.

Aprendemos que o que vemos polo microscopio ás veces non se parece en nada ao que nós pensamos ou ao que coñecemos na realidade, por exemplo sabíades que a pel do tiburón vista ao miscroscopio parece un conxunto de puntas de frechas? ou que a semente do millo ten varias cores?

   

Esedía puidemos ver e tocar dous animais:un invertebrado: o calamar, e un vertebrado: o xurelo. Nuca os tiveramos así nas nosas mans: puidemos contar as aletas, ver a súa textura, descobrir onde está o famoso saco de tinta do calamar ou contar o número de tentáculos que ten!

    

Xa vistedes. Fascinante o que se pode descubrir con tan poucas cousas e en só 1 hora eh?? Pois sí, no clube de ciencia facémolo e encántanos!!

Ata a proxima!

10ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: CIENCIA NAS AULAS

Durante o mes de febreiro non puidemos levar a cabo as nosas sesións do club de ciencia con normalidade debido as restriccións provocadas pola evolución da pandemia do COVID-19. Pero non nos desanimamos e buscamos unha solución: María e David viñeron polas nosas aulas a impartirnos unhas sesións científicas moi divertidas e interesantes. Nesta ocasión puidemos participar todos e todas, incluso os máis pequenos que por cuestión de idade non poden asisitir as sesións dos mércores pola tarde.

     

    

  

Con David e María falamos sobre curiosidades de distintos animais (por exemplo que no cabaliño de mar é o papá o que se embaraza) e fixemos algúns experimentos científicos con globos que estoupaban ou bolas de hidroxel pero o que máis nos fascinou foi descubrir que os científicos saben como facer lume na man sin queimarse! Sí, sí! Comprobámolo cos nosos propios ollos! Eso sí, tamén aprendemos que os experimentos sempre é mellor facelos en presencia dun adulto.

    

  

  

Desfrutamos moitísimo con estas actividades e aprendemos un montón polo que non descartamos repetir esta experiencia nun futuro próximo. Moitas grazas María e David.

CIENCIA NA ESCOLA: NEVE DE CORES EN QUINTÁNS.

Os nosos compañeiros e compañeira de Quintáns estiveron experimentando para crear neve artificial a través dunha mistura de auga e bicarbonato.

       

Logo engadíronlle colorante alimenticio e a neve cambiou de cor quedando así de increíble!

        

O experimento saiu correctamente pero o máis importante é ver as caras de asombro e felicidade dos nosos científicos de Quintáns:

   

 

Pois xa sabedes, quen se anima a facer neve de cores?

Ata a próxima!

9ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA: OS SERES VIVOS NO CAMIÑO DE SANTIAGO.

Hoxe no club estivemos falando do Camiño de Santiago, é un proxecto que estamos a desenvolver dende Voz Natura e pareceunos moi interesante aprender a cerca dos seres vivos relacionados co Camiño, falamos de seres vivos cos que nos podemos atopar se facemos algún dos Camiños a Compostela.

        

O principal foi falar da Cuncha do Peregrino, xa que é moi emblemática e coñecida en todo  mundo como un símbolo do Camiño en sí, e que é a cunhca dunha vieira. Un molusco bivalvo que podemos capturalo aquí na Ría de Arousa, e descobrimos que é chico e chica á vez, si si é hermafrodita!

 

        

Tamén descobrimos o lique, un ser vivo moi especial que cobre tanto as cortezas das árbores como á pedra dos edificios históricos que nos atopamos polo Camiño, incluso podemos atopalo na mismísima Catedral. Resulta que o lique é unha asociación entre un fungo e unha alga que viven colaborando entre eles. E xa por último coñecemos un animal moi curioso que vive nos entornos naturaris do Camiño de Santiago: a procesonaria, un gusano que cando se despraza forma unha ringleira tan ordenadiña que parece unha procesión! de ahí o seu nome, vive nas árbores aínda que a que máis lle gusta é o piñeiro. Se tedes can ou cadela tede coidado porque a procesionaria ten uns peliños que cubren o seu corpo que lle poden picar incluso facer ferida na boca.

Ata a próxima!

2ª XORNADA DE FORMACIÓN DO CLUB DE CIENCIA.

O pasado 19 de xaneiro tivemos a segunda xornada de formación no noso Club de Ciencia. Visitáronnos María e David de Arenaria para falarnos de "Recursos e didáctica de como tratar a temática do medio ambiente nas aulas de infantil e primaria". No noso centro sempre consideramos moi importante despertar a conciencia ecolóxica dos nosos alumnos e alumnas e María e David trouxéronnos e explicáronnos un montón de cousas para axudarnos a facelo.

   

Aprendimos un montón, plantexáronnos retos e por suposto puidemos experimentar!! 

    

Moitas grazas chicos !

CIENCIA NA ESCOLA: POLBIÑOS NADADORES EN RAÑÓ

Os nosos compañeiros e compañeiras de Rañó estiveron experimentando ca forza de empuxe dos líquidos. Crearon uns divertidos polbiños: a cabeza a construiron cun fragmento de palliña ao que lle puxeron ollos e os tentáculos fixéronos con clips de cores. Logo metéronnos nunha botella con auga e puxéronos a nadar.

             

O increíble era que cando apretabas a botella os polbiños subían e ao soltala os polbiños baixaban! Non paraban de nadar!! Ciencia ou maxia? Ciencia!! Claro que sí! Os polbiños flotan gracias a que as palliñas das súas cabezas conteñen algo de aire, ao apretar a botella pechada fai que o aire se comprima e os polbiños suben e baixan pola forza do empuxe exercida polo líquido.

A continuación mostrámosvos un vídeo coa pantasma que sube e baixa, funciona co mesmo principio e é moi doada de construir. Anímaste a experimentar ti tamén?

 

Ata á próxima!

1ª XORNADA DE FORMACIÓN DO CLUB DE CIENCIA.

O pasado martes 19 de xaneiro tivo lugar no Local Social de Asados a primeira xornada de formación do Club de Ciencia. Estivo con nós José Manuel Viñas para falarnos de como abordar a ensinanza da ciencia nas aulas de infantil e de como adaptar o método científico a través de distintas experiencias:

 

                 

 

Logo mostrounos un montón de experimentos que podemos facer nas aulas con todo o noso alumnado:

 

        

 

Grazas José Manuel, pasámolo moi ben e aprendimos un montón.

Distribuir contido