Clube de Ciencia Nautilus

Conxunto de recursos relacionados co Clube de Ciencia.

19ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: PEIXES CARTILAXINOSOS, O TIBURÓN

Esta sesión do club de ciencia adicámola aos peixes cartilaxinosos. O peixe cartilaxinoso que nos encanta a todos e todas é o tiburón. Puidemos observar un tiburón de verdade, e estivemos falando das súas características, pero tamén falamos doutros peixes cartilaxionosos. Estivemos vendo as diferencias entre o tiburón, a manta e a raia.Debuxamos tiburóns e mantas, e aprendimos sobre os dentes dos tiburóns chegando a facer un molde da dentadura.


             

CIENCIA NA ESCOLA: EXPERIMENTANDO COA AUGA NA ESCOLA DE CAPELA

           

@s nos@s compañeir@s da Escola de Capela estiveron aprendendo un montón a través de diversos experimentos con auga. Algúns destes experimentos veñen recollidos no dossier que presentamos e outros parten da formación deste curso. Para o Equipo de Club de Ciencia é unha enorme satisfacción poder observar como as nosas propostas e o que imos aprendendo se leva ás aulas para compartir co noso alumnado. Moitas grazas compañeir@s!

     

CIENCIA NA ESCOLA: MALETA VIAXEIRA NA ESCOLA ROSALÍA DE CASTRO.

@s nos@s compañeir@s da Escola de Rosalía de Castro queren compartir con todos nós estas  fotografías onde están empregando algúns dos materiais da maleta científica viaxeira. Grazas compañeir@s. Esperamos que lle saquedes proveito e que aprendades un montón.

     

CIENCIA NA ESCOLA: COÑECENDO O REINO ANIMAL NA AULA DE CAPELA PRIMARIA

Os nos@s compañeir@s da aula de Capela Primaria queren ser expertos no que se refire ao Reino Animal polo que estudaron as principais características dos animais  e fixeron unha clasificación segundo diversos aspectos: vertebrados e invertebrados, domésticos e salvaxes, carnívoros, herbívoros ou omnívoros, terrestres, acuáticos e anfibios.....

                

Utilizando fotografías, cunchas , plumas... e reproduccións en plástico dos distintos animais foron facendo a súa clasificación: moluscos, aves, mamíferos, peixes, reptís, insectos.... Noraboa compañeir@s, gran traballo!

18ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: COÑECEMOS O NOSO CORPO II

Esta semana no noso club de ciencia retomamos o estudio do noso corpo. Nesta ocasión falamos do ADN, e fixemos un experimento para aprender a extraer o noso propio ADN.Tamén falamos da constitución do noso corpo e dos nosos ósos. E fixemos un puzzle con radiografías! Aprendemos a observalas e interpretalas e montamos un corpo humano enteiro de 1,5 m de altura.

                 

17ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: PALEONTÓLOGOS POR UN DÍA

Esta semana no club de ciencia convertémonos en paleontólogos por un día. Observamos fósiles e tamén os desenterramos de bloques de xeo, traballando en equipo e con paciencia usando mazos e martelos. Aprendemos un montón de cousas e María e David faláronnos tamén da diferencia que hai entre ser paleontólogo, arqueólogo e antropólogo.

             

16ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: COÑECEMOS O NOSO CORPO I

Na sesión do club desta semana coñecemos moitas cousas do funcionamento do noso corpo. Estivemos falando de diferentes órganos, vimos un corazón de porco que funciona igual que o noso, estudiamos o sangue e vimos o funcionamento do corazón a través dun experimento de bombeo de auga.

 

               

Tamén estivemos vendo as proporcións do noso corpo, por exemplo, sabías que o teu pé mide igual que o teu antebrazo? E por último falamos das células do noso cerebro, as neuronas, e as representamos con plastilina.

CIENCIA NA ESCOLA: DOSSIER DE EXPERIMENTACIÓN CIENTÍFICA 21-22

En documento adxunto mandamos un dossier con diversos experimentos científicos para levar a cabo nas nosas escolas. Son experimentos adaptados a idade do noso alumnado. Este dossier é froito da sesión de formación do curso pasado impartiada por Xosé Manuel Viñas. Dende o Equipo de Club de Ciencia animámosvos a levalo ás aulas. Esperamos que o atopedes interesante, que vos facilite o traballo e que vos guste moito.

 

Un bico grande para todos e todas.

 

Podedes acceder directamente ao dossier clicando a continuación

 

 DOSSIER OBRADOIRO CIENTÍFICO CLUB DE CIENCIA

CIENCIA NA ESCOLA: MUSEO DO MAR NA ESCOLA ROSALÍA DE CASTRO

        

Os nosos compañeiros e as nosas compañeiras da escola de Rosalía de Castro lograron montar o seu propio museo do mar dentro da súa escola. Co esforzo e colaboración de todos e todas foron xuntando moitos elementos para crear este precioso e espectacular museo. Quedouvos realmente estupendo e moi completo! Noraboa compañeiros!

         

CIENCIA NA ESCOLA : OVOS DE CARACOL EN CAPELA PRIMARIA

       

Os nosos compañeiros de Capela Primaria, atoparon ovos de caracol no patio da escola. Decidiron protexelos, tanto aos ovos como á mamá caracol acomodándoa nunha caixa con terra para evitar que ninguén os pisase por accidente. Esperemos que e breve nazan caracoliños destes ovos tan especiais.

Distribuir contido