Clube de Ciencia Nautilus

Conxunto de recursos relacionados co Clube de Ciencia.

CIENCIA NA ESCOLA: MALETA CIENTÍFICA VIAXEIRA 2022-2023

 

Esta semana comeza a rotar polas nosas escolas a maleta científica viaxiera 2022-2023 do Club de Ciencia. A maleta proporciónanos libros,materiais e utensilios para implementar a experimentación científica nas nosas aulas. Iniciará o seu percorrido na escola de Quintáns e permanecerá durante un mes en cada escola. A maleta vai acompañada dunha libreta onde podemos deixar recollida á nosa experiencia.

A continuación deixamos unha mostra das experiencias e comentarios recollidos na libreta viaxeira do curso pasado.

  

 

Dende o club de ciencia esperamos que o pasedes moi ben con esta actividade e que aprendades un montón.Non vos esquezades de anotar todo na libreta viaxeira!

Bicos! Ata a próxima!

CIENCIA NA ESCOLA 22-23: MUSEO DO MONTE EN CRUCEIRO

Os nosos compañeiros e compañeiras da Escola Rosalía de Castro de Cruceiro están creando un Museo do Monte como parte das actividades relacionadas co P.D.I. que estamos desenvolvendo este curso no noso centro  titulado "Monte vivo".

 

Con este proxecto non só pretendemos acercarnos ao monte dende o punto de vista científico, queremos coñecer o monte para amalo, coidalo e defendelo como fonte de vida:

Bravo compañeir@s! Encántanos o voso museo! Ata á próxima!

CIENCIA NA ESCOLA 22-23: LABORATORIO DE POCIÓNS EN CAPELA

Este ano na Escola de Capela decidiron crear un laboratorio de pocións como unha das actividades para conmemorar o Samaín con un toque de ciencia. Previamente elaboraron as receitas das súas pocións e logo foron ao laboratorio para levalas a cabo:

   

 

A verdade e que o pasaron moi ben mesturando ciencia e maxia, puideron manipular varios utensilios científicos e observar distintas reaccións químicas.

Bravo compañeiros e compañeiras! Encantounos o voso laboratorio! Ata a próxima!

SESIÓN INAUGURAL DO CLUB DE CIENCIA "NAUTILUS" DO CRA DE RIANXO CURSO 2022-2023 "PEQUENOS CIENTÍFICOS"

Os mércores 26 de outubro e 2 de novembro , tiveron lugar as sesións inaugurais do noso club de ciencia deste curso 2022-2023. Tódolos mércores lectivos reunirémonos con María e David de Arenaria para compartir moitas actividades e experiencias que nos achegarán ao mundo da ciencia.

     

Este curso tivemos que organizar as quendas de alumnado quincenalmente gracias a gran acollida que tivo o club este ano, que por primeira vez acolle ao alumnado de 3 e 4 anos.

    

 

O CRA de Rianxo levaba varios anos reivindicando que se abrira o club de ciencia a todo o alumnado de Infantil, recollendo na memoria anual diversas experiencias e actividades científicas realizadas nas nosas escolas onde demostrábamos que a ciencia en infantil funciona, estamos moi content@s de haber contribuído a lograr este cambio no programa.

Nestas primeiras sesións repasamos os distintos utensilios científicos que imos empregar ao longo do curso, e como non podía ser doutro xeito fixemos os nosos primeiros experimentos!!!

Na segunda quenda tocoulle aos máis pequenos, os nenos e nenas de 3 e 4 anos. 

          

Foi realmente emocionante vivir con eles esta nova experiencia, para moitos deles era o seu primeiro contacto co mundo da ciencia. María e David espertaron a súa curiosidade e por primeira vez observaron e manipularon diversos utensilios científicos e lanzaron as súas primeiras hipóteses,e por suposto experimentaron!

Houbo momentos de moita concentración, outros de sorpresa e outros de grande algarabía, sobre todo cando comprendían que todo o que pasaba non era maxia senón ciencia!

Pasárono realmente ben! Ata a próxima!

 

24ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: EXPLORADORES DO RÍO TÉ

Esta semana no noso club de ciencia, aproveitando o bo tempo, realizamos unha andaina ata o río Té. Convertémonos en explorador@s por un día, levamos con nós lupas e microscopios de campo e tamén unha pequena guía de insectos e de outros animais que podíamos atopar polo camiño. Fomos observando o entorno e fixándonos moi ben no que nos atopabamos e falamos de curiosidades:

      

Observamos un montón de animais: babosas, cempés, bolboretas, vacas marróns coa cara branca, zapateiros, libélulas, abellas.... e tamén puidemos observar moitas flores, xa que nesta época as prantas están en plena floración. Tamén puidemos comprobar a temperatura da auga do río que estaba bastante fresquiña. Foi unha saída estupenda, e aínda que a facemos todos os anos, nunca nos cansamos porque sempre aprendemos cousas novas e o pasamos de marabilla!

      

 

Ata a próxima!

   

23ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: RETOS MATEMÁTICOS

Esta semana no noso club de ciencia enfrontámonos a diversos retos. Tivemos que valernos do noso inxenio para buscar as solucións e resolver!

        

Traballamos desafíos de lóxica, habilidade, matemáticas.... Algúns eran bastante complicados pero conseguimos darlle solución a todos! Aprendemos das  nosas equivocacións e formulamos hipóteses para logo aplicar na resolución.

          

Unha tarde de mates moi divertida! Ata a próxima!

22ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: OVOS E SAL

Na sesión de club de ciencia desta semana traballamos con ovos de galiña. Fixemos varios experimentos para comprobar a dureza dos ovos.

               

Logo escachamos un ovo para coñecer as súas partes, falamos da casca, da clara, da xema, de que están compostos, que son..... E para rematar traballamos tamén con sal para ver a flotabilidade dos elementos, xa que cando se sumerxe algo en auga con sal, ésta favorece a flotación.

                          

Pasámolo moi ben e aprendemos un montón de cousas! Ata a próxima!

21ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: AUGA, AIRE E LUME

Na sesión desta semana do noso club de ciencia fixemos varios experimentos en relación a tres grandes elementos: a auga, o aire e o lume. Aprendimos un montón de cousas e pasámolo xenial!

 

       

David presentounos distintas propostas de experimentos, sobre os que primeiro tiñamos que elaborar a nosa hipótese e logo comprobar o que pasaba. E aínda que algúns dos resultados parecían maxia ou cousa de meigas, David foinos explicando que todo ten unha base científica.

       

Pero aínda que David e María non deixan de repetirnos que os experimentos que facemos non teñen nada de máxicos, nós onte puidemos ver a maxia da ciencia. 

Ata a próxima!

CIENCIA NA ESCOLA: BOTÁNICOS NA ESCOLA DE PAZO

@S nos@s compañeir@s da Escola de Pazo convertíronse en botánicos realizando unha plantación na escola. Primeiro prepararon a terra con auga e con nutrientes para a continuación sementar as plantas deixando ben cuberta a raíz. Sorte compañeiros que teñades unha boa colleita!

      

20ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: SENTIMOS

Esta sesión do club de ciencia foi de carácter sensorial. María e David trouxéronnos diferentes materiais cos que experimentamos a través do tacto: experimentamos con estes materiais para ver como se desenvolvían. Tocamos diferentes tipos de area kinética e ata tiñamos scornabots! Por último xogamos a adiviñar o material a través do tacto sin velo. Pasámolo xenial! E aprendemos un montón!

    !

Ata a próxima!

Distribuir contido