Clube de Ciencia Nautilus

Conxunto de recursos relacionados co Clube de Ciencia.

CIENCIA NA ESCOLA 22-23:"VOLUMES E MEDIDAS EN CAPELA PRIMARIA"

Na escola de Capela están moi interesad@s en coñecer os principios básicos da Física no que ten que ver con medidas e volumes. Así pois puxéronse mans á obra e realizaron diversos experimentos utilizando varios utensilios de medida para calcular a capacidade.

 

 

Bravo compañeir@s, estades feit@s uns verdadeiros físic@s!

7ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 22-23:"INTRODUCIÓN Á ROBÓTICA"

Nesta sesión do club de ciencia coñecemos moitas cousas sobre robótica e de como funcionan os robots. Logo puxémolo en práctica xogando con paneis e escornabots.

Pasámolo xenial! Ata a próxima.

6ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 22-23: "O MUNDO É QUÍMICA"

Nestas sesións do noso club de ciencia convertímonos en verdadeiros químicos, levando a cabo numerosos experimentos con diversas substancias que reaccionaban ante os nosos ollos demostrándonos que o mundoé química!!!

 

Pasámolo xenial e aprendemos un montón de cousas. Ata a próxima!

CIENCIA NA ESCOLA: SEMANA DA CIENCIA CON ARENARIA

Ao longo da derradeira semana de xaneiro os nosos amigos María e David de Arenaria percorreron as nosas escolas para levar a cabo a semana da ciencia. Trouxéronnos moitas cousas incribles nestas sesións divulgativas que tiveron lugar nas nosas aulas.

Pasámolo xenial e aprendemos un montón de cousas sobre o monte, implementando nas nosas aulas experiencias para enriquecer o proxecto documental integrado que traballamos este ano "Monte Vivo".

5ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 22-23: "CREANDO NEVE"

Nestas xornadas noso club de ciencia María e David ensináronnos a facer neve artificial partindo dun cueiro! Queee? Si, escoitaches ben dun cueiro!! Todo é debido a unha substancia química. Queres saber cal é? Non te perdas o seguinte vídeo

 

 

Pasámolo xenial creando figuras e animais fantásticos coa nosa neve artificial! Ata a próxima!

 

 

CIENCIA NA ESCOLA 22-23: "EXPERIMENTANDO CA MALETA CIENTÍFICA VIAXEIRA EN QUINTÁNS"

 

Durante case un mes @s nos@s compañeir@s de Quintáns puideron gozar da maleta viaxeira, cando chegou á escola descubriron todo o que lles ofrecía para aprender e observar moitas cousas de ciencia e como non para experimentar!! 

 

 

Noraboa polo traballo compañeir@!

CIENCIA NA ESCOLA 22-23: "SETAS XIGANTES EN CAPELA"

As familias de Capela están colaborando e investigando moito dende as casas para enriquecer o noso P.D.I. "Monte vivo" que estamos a traballar nas nosas escolas. Desta vez trouxeron unhas setas cun tamaño considerable, quedamos tod@s abraiad@s! 

Moitas grazas familias! 

 

4ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 22-23:"METEORÓLOGOS POR UN DÍA"

Nestas xornadas de club de ciencia aprendemos moito sobre as características do tempo atmosférico e sobre o clima. Entre outras cousas, fixemos un experimento con auga onde puidemos comprobar como a auga quente sube e a auga fría se queda abaixo!

Bicos! Ata a próxima!

3ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 22-23:"PALEONTOLOXÍA"

Nestas xornadas do noso club de ciencia convertémosnos en paleontólogos por un día. Coñecemos moitas cousas sobre fósiles. Buscamos en terra e en en xeo os nosos fósiles utilizando diversas ferramentas!

Pasámolo xenial! Ata a próxima!

2ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 22-23: "ANIMALADAS"

Nas segundas xornadas do noso club de ciencia María e David trouxéronnos un montón de cousas sobre animais, aprendemos un montón, pero o que máis nos sorprendeu foi poder observar como son por dentro, pasamos unhas tardes xeniais aprendendo "animaladas"!!

Ata a próxima! 

 

Distribuir contido