Clube de Ciencia Nautilus

Conxunto de recursos relacionados co Clube de Ciencia.

8ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA: SE ENTERRO UN OSO NA HORTA E DEIXO QUE PASEN "OS ANOS", CONVÍRTESE NUN FÓSIL?

Nesta sesión do club falamos sobre animais prehistóricos. Fixemos un repaso pola historia do planeta a través dun conto, e coñecemos animais prehistóricos que todavía seguen vivos!! Algúns deles máis antigos que os mismísimos dinosaurios!

                             

 

Para completar a actividade fixemos unha manualidade na que eleboramos unha réplica dun fósil en xeso e levámola para a casa!

 

        

        

 

Estivo con nós Marta unha futura pedagoga que este curso remata os seus estudos de grado na Universidade de Santiago. Asistirá ao noso clube porque lle interesa  coñecer como funcionan as actividades, o que aprendemos e como aprendemos e sobre todo porque pode axudarnos con cousas que ela estuda! Está facendo as prácticas con Arenaria para conseguir o seu título da Universidade.

 

     

Ben esperamos que vos guste esta actividade. Ata a próxima!

7ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: AERONÁUTICA

Esta semana no clube de ciencia tivemos unha sesión sobre aeronáutica, descubrimos os principios fundamentais de por qué os avións poden voar e experimentamos co fluxo de aire dun secador! 

    

Tamén probramos a crear os nosos deseños aerodinámicos: segundo nos iban explicando os profes probamos a crear distintos deseños de avións de papel para comprobar cal era o que voaba mellor. Incluso puidemos saír á praza a probar os nosos deseños. Preparados, listos... a voar!!

          

Esta foi a derradeira sesión do clube para este primeiro trimestre, á volta das vacacións de Nadal continuamos!!! Boas vacacións e felices festas!!

Ata a volta!

6ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA: SENTIDOS

O pasado mércores 9 decembro tivo lugar a séptima sesión do club de ciencia. Nesta sesión inventigamos a cerca do funcionamento do noso cerebro e de como funcionan os nosos sentidos:

   

Estivemos traballando e aprendendo sobre os sentidos e o cerebro, que é un órgano moi curioso e súper importante! Fixemos un xgo de memoria visual a ver cantos obxectos dos que observamos éramos capaces de recordar  aos poucos minutos.

E elaboramos un taumatropo! Si,si, fixemos unha manualidade científica! Queres probar a facer un? Observa o seguinte vídeo:

Ata a próxima!

 

5º SESIÓN CLUB DE CIENCIA: CORES

O pasado mércores 2 de decembro tivo lugar no noso cole a quinta sesion do club de ciencia onde seguimos experimentando e aprendendo moitas cousas sobre as cores:

 


Tal e como nos explica María no vídeo seguimos aprendendo da nosa percepción das cores e de como se presentan na natureza. E fixemos unha cromatografía experimentando con rotuladores e papel:

  

Sabías que a cor que vemos nos rotus é a mistura de moitas cores que están dentro dese rotu?? Claro! Porque na natureza non existen tantas cores!

  

  

Ata a próxima!

CIENCIA NA ESCOLA: BOTÁNICOS EN RAÑÓ

 Os nosos compañeiros e compañeiras de Rañó investigaron sobre a xerminación das sementes e fixeron este experimento científico:

        

 Cada un deles colocou a súa semente nun algodón empapado en auga dentro dun vaso, os vasos quedaron nun entorno de luz e calor nunha mesa da aula. Aos poucos días as sementes empezaron a agromar e foron testigos de como nacían as pequenas plantas.

Agora só hai que transplantalas á horta da escola e esperar que crezan moito. Sorte compañeiros e compañeiras!

CIENCIA NA ESCOLA: EXPERIMENTOS EN CAPELA PRIMARIA

As nenas e nenos de Capela Primaria están enchendo de ciencia os seus fogares realizando curiosos experimentos que logo comparten na súa aula cos seus compañeiros e compañeiras. Aquí vos deixamos unha pequena mostra:

 

"OVOS E AZUCRE"

      

 Camila explícanos como un ovo pode flotar nun vaso de auga se lle votas azucre, por que será? 

 

"FLORES MÁXICAS"

    

Que fermosas flores as que aparecen na fotografía verdade? Pois Virginia explícanos como se fan, porque aínda que te pareza increíble, non as pintou ninguén!! Virginia cóntanos que: se pintas un punto groso cun rotulador nun filtro, lle fas un burato polo que lle metes un churro de papel e o sumerxes en auga, a auga acaba mesturándose coa tinta formando estas preciosas formas.Ciencia ou maxia?

 

"VOLCÁN DE REFRESCO"

  

Camila móstranos o que ocorre se mesturas lavavaixelas con refresco de cola e bicarbonato, que susto! Sálvese quen poida!

 

E tí coñeces algún experimento que queiras compartir? Coméntallo a o teu profesor ou proferosa e comparteo coa túa aula.

Un saudiño, ata a próxima!

4ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: BOTÁNICOS POR UN DÍA

Esta semana no club de ciencia falamos dos distintos tipos de vexetais: árbores, arbustos e herbas. aprendemos sobre a plantas e sobre as diferencias coas algas que hai no mar.

              

Investigamos as partes dunha planta e a súa flor, soubemos como fan para reproducirse, como se transporta o pole e como entra na flor!! E ademais descubrimos, como bos botánicos, que dentro das plantas hai agochadas máis cores que as que nós vemos! Fixemos un experimento coas cores dunha folla verde e apareceu cor amarela que os nosos ollos non estaban a ver!!

                               

 

Puidemos experimentar grazas a unha floristería  que nos facilitou as plantas , así que moitas grazas ás persoas que colaboran con nós!

Ata a próxima!

 

 

CIENCIA NA ESCOLA: NEVE ARTIFICIAL EN PAZO PRIMARIA

             

Os nosos compañeiros de Pazo Primaria tamén se animaron a crear neve artificial partindo dun cueiro, experimento que aprendimos na segunda sesión do club de ciencia.

Ao igual que en Rañó o experimento foi todo un éxito! Noraboa aos científicos e científica de Pazo Primaria!

3ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: DETECTIVES DE ALIMENTOS

Esta semana na terceira sesión do Club de Ciencia, convertémonos en "Detectives de Alimentos". Investigamos sobre a composición dos alimentos envasados que podemos atopar en calquera supermercado, e descubrimos moitas cousas. Sabías que as salchichas e o fiambre, por exemplo, levan fécula de patata?? A que non o sabías? Pois agora xa o sabes cando vamos á compra hai que ler ben as etiquetas para saber realmente o que estamos a comer.

             

Fixemos un experimento para saber que alimentos do súper conteñen almidón: unha substancia de reversa vexetal.Traballamos con pan, queixo raiado, xamón cocido, paliños de cangrexo, salchichas... e fixemos unha proba química con estes alimentos, quedámonos alucinados ao comprobar cantas cousas levan almidón!

Ata á próxima!

CIENCIA NA ESCOLA: NEVE ARTIFICIAL EN RAÑÓ

Os nenos e nenas da escola de Rañó puxeron en práctica este experimento que descubrimos con María e Yoli nas sesións do club de ciencia. Aprendimos a crear neve artificial partindo dun cueiro grazas a acción dun producto químico.

             

Vendo o resultado parece que o experimento foi todo un éxito! Bravo polos científicos e científicas que temos en Rañó!

Distribuir contido