2015-2016

O casco de ouro de Leiro

   Esta é unha historia ben fermosa, coma moitas outras, só que aconteceu na nosa aldea e é protagonizada por un veciño noso, o señor José María Vicente. Quizais é por isto polo que nos gustou tanto investigar sobre ela.

Con moito cariño e dedicación realizamos os agasallos para o homenaxeado e aprendemos un montón de curiosidades sobre o casco de ouro de Leiro.

A PRENSA NO BARBANZA

DURANTE A SEMANA DA PRENSA BUSCAMOS E RECOÑECEMOS AS NOVAS DO BARBANZA

CLUB DE LECTURA "FRORES DO MEU AMIGO"

Ver a nova no espazo do Club "Frores do meu amigo"

CASCO DE LEIRO

Ao cumplirse 40 anos do achado do coñecido como "Casco de Leiro", o Concello de Rianxo organiza unha charla debate o xoves 7 de abril ás 20h. no Auditorio Municipal.
No acto participan tamén os alumnos e alumnas da Escola de Rañó do Cra de Rianxo, que aportarán a súa propia visión deste tesouro da Prehistoria europea a través de varios agasallos que lle ofrecerán a  José Mª Vicente,  descubridor no ano 1976 do Casco de Leiro.

ENCONTRO DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

O Club de lectura para adultos "Frores do meu amigo" vai realizar un encontro o luns 11 de abril ás 16:30 na biblioteca de Asados.
A lectura que se vai propor para este novo achegamento ao mundo da literatura é a obra "AS VOCES BAIXAS", de Manuel Rivas, galardoada no ano 2012 co Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Narrativa para adultos

TARDES NA BIBLIOTECA DE DANIEL

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO E AS SÚAS FAMILIAS NA BIBLIOTECA DE DANIEL DURANTE O TERCEIRO TRIMESTRE

NA CASA DA MATANZA

"CORRE O VENTO, O RÍO PASA.

CORREN NUBES, NUBES CORREN

CAMIÑO DA MIÑA CASA"

DANIEL, MÚSICA E ROSALÍA, QUE REGALÍA!

NO SEGUNDO TRIMESTRE TIVEMOS A SORTE DE RECIBIR OUTRA INVITACIÓN DE DANIEL PARA VISITAR A NOSA QUERIDA BIBLIOTECA. 

ALÍ AGARDÁBANOS UN FEIXE DE MAXIA E LEDICIA COMO SEMPRE! DENDE ROSALÍA EN TÍTERE, ATA A MÚSICA ENGAIOLADORA DA PROFE CRIS E A SÚA FRAUTA. UNHA VIAXE COA NEGRA SOMBRA DA PROFE PATRI A TRAVÉS DA CASA DA MATANZA.

O PROFE RUBÉN TAMÉN PUXO UNHA MOREA DE NOTAS MUSICAIS PARA FACER DESTA VISITA UNHA MARABILLA CARGADA DE MÚSICA, POEMAS E BOAS LECTURAS COMO SEMPRE.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN DIVERTIDO VÍDEO DO NOSO PASO POLA BIBLIOTECA DAS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL.

DESEXAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO NOS GUSTOU A NÓS A VISITA!

E MOITAS GRAZAS @S NOS@S MARABILLOSOS PROFES POR FACELA POSIBLE!

  

PARABÉNS AINOA!

E NO MES DE FEBREIRO....AINOA CUMPRIU ANOS E NÓS PAPAMOS UN BISCOITO ENTEIRO!

PARABÉNS AINOA!Beso

Distribuir contido