Club "Frores do meu amigo"

Espazo para a lectura compartida

CLUB DE LECTURA "FRORES DO MEU AMIGO"

Ver a nova no espazo do Club "Frores do meu amigo"

ENCONTRO DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

O Club de lectura para adultos "Frores do meu amigo" vai realizar un encontro o luns 11 de abril ás 16:30 na biblioteca de Asados.
A lectura que se vai propor para este novo achegamento ao mundo da literatura é a obra "AS VOCES BAIXAS", de Manuel Rivas, galardoada no ano 2012 co Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Narrativa para adultos

CLUB DE LECTURA "FRORES DO MEU AMIGO"

O CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS DO CRA DE RIANXO LANZA UNHA NOVA PROPOSTA DE LECTURA COMPARTIDA:
"EL CLUB DE LA BUENA ESTRELLA" DA ESCRITORA DE ORIXE CHINÉS AMY TAN

O CLUB DE LECTURA ESTÁ ABERTO A TODAS AS PERSOAS INTERESADAS, FORMEN PARTE OU NON DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA

CLUB DE LECTURA "FRORES DO MEU AMIGO"

O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS DO CRA INICIA ESTE CURSO UNHA NOVA AVENTURA DE LECTURA COMPARTIDA.
A PRIMEIRA SESIÓN DESENVOLVERASE NA BIBLIOTECA DE DANIEL, EN ASADOS,  O XOVES 5 DE FEBREIRO.

CLUB DE LECTURA

O Club de lectura "Frores do meu amigo" pon fin ós seus encontros neste curso escolar con lecturas escollidas da obra "Memorias dun neno labrego".

A cita, na Escola de Outeiro o xoves 15 ás 16:30, e coa asistencia especial de persoas participantes nos Talleres de Memoria do concello

ver "Memorias dun neno labrego"

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

"Memorias dun neno labrego" é unha obra emblemática dentro da literatura xuvenil en galego, ademais de ser a máis lida e reeditada da nosa literatura e, a día de hoxe, unha das máis traducidas.

O libro relata as vivencias dun rapaz labrego duns doce ou trece anos, Balbino, na Galicia dos anos corenta do século vinte. As súas páxinas reflicten a vida e costumes do mundo rural, que hoxe en día imos esquecendo paulatinamente debido ao forte cambio social acontecido nestas últimas décadas.

Pero, ademais de conservar este prezado legado para as xeracións vindeiras, a obra denuncia claramente, dende o comezo, as tremendas inxustizas ás que se ve sometido o mundo da infancia, dos labregos e dos pobres. O protagonista encarna, desgraciadamente, as tres condicións:
"Eu son… BALBINO. Un rapaz da aldeia. Coma quen dis, un ninguén. E ademáis, probe".


Segundo Xosé Neira Vilas, autor da obra, foi escrita no segundo semestre do ano 1960 nun café da rúa Cullen de Buenos Aires, cidade á que chegara, dende a súa Galicia natal, en 1949.

(http://www.realacademiagalega.org)

 

 

CLUB DE LECTURA

UNHA NOVA CITA DO CLUB "FRORES DO MEU AMIGO" O XOVES 8 ÁS 17 h PARA PROPICIAR O ENCONTRO COS AMIGOS, AS EMOCIÓNS E A LECTURA COMPARTIDA

" Adán y Eva "

ADÁN Y EVA

Unha nova proposta do Club "Frores do meu amigo" para a lectura compartida: a obra "Adán y Eva" , da autora de orixe somalí Ayaan Hirsi Ali


A pesar das súas diferencias, Adán, fillo de emigrantes marroquies, e Eva, adolescente xudea, pronto descubren que teñen moito en común
A través desta historia, Ayaan Hirsi Ali lémbranos que a intolerancia escóndese  nas nosas casas e nos invita a contemplar o mundo con mirada inocente de Adán y Eva.

ver a bibliografía e biografía da autora na páxina da editora Galaxia Gutenberg

LECTURA COMPARTIDA

O CLUB  "FRORES DO MEU AMIGO" CONVOCA UN ENCONTRO DE LECTURA COMPARTIDA DA OBRA  "COMETAS EN EL CIELO" DE KHALED HOSSEINI. 
A CITA, NA ESCOLA DE CRUCEIRO A PARTIR DAS 16:30 h DO XOVES 27 DE MARZO

"COMETAS EN EL CIELO"

" Convertinme no que hoxe son aos doce anos..."

Obsesionado por demostrarlle ao seu pai que é merecedor do seu recoñecemento, Amir proponse gañar a competición anual de cometas da cidade de Kabul sexa coma sexa, incluso a costa de Hassan.

Khaled Hosseini  (Kabul, Afganistán, 1965), escritor en lengua inglesa e médico afgano-estadounidense, é o autor de "Cometas en el cielo" (2003)

A novela tense convertido nun fenómeno editorial que vende millóns de exemplares no mundo.

"Cometas en el cielo" foi levada ao cine co mesmo nome en 2007 polo director Marc Forster e en 2011 adaptouse coma novela gráfica, e foi publicada en español pola editorial Salamandra 

 

Distribuir contido