Aula de música e visita á Biblioteca
(Luns 19de xaneiro de 2.009)
Hoxe tal e como estaba previsto, nenos e nenas do C.R.A., asistiron na sede do C.R.A. en Atalaia - Asados as actividades da Aula de Música e da Biblioteca "Os amigos e amigas de Daniel".
Ao longo de toda a semana e como estaba previsto continuarán as visitas dos alumnos e alumnas do C.R.A. de Rianxo.
Momento da aula de música (190109)
Momento de lectura na Biblioteca (190109)
CONVIDACIÓN DE ANO NOVO
Calendario de Actividades complementarias 2º trimestre
No menú Actividades Complementarias está insertado o novo calendario de actividades.
- APIs de Blogue
Axudas immersión lingüísitica
A consellería de Educación ven de convocar axudas para inmersión lingüística para o presente curso 08-09, para alumnos e alumnas de Educación Secundaria e 6º de E. Primaria.
- APIs de Blogue
Presentación do Portal do C.R.A. de Rianxo na Escola de Cruceiro
O día 17 de Decembro as profesoras Paula e Sol, presentaron aos pais e nais da Escola de Cruceiro o Portal do Centro. Sol comentou a configuración xeral do Portal e logo pasou a comentar os contidos da páxina correspondente á Escola de Cruceiro.
A presentación na que estiveron tamén os nenos e nenas que axudaron a Sol na presentación dos contidos resultou un encontro moi agradable e entrañable, no repaso que a profesora fixo polas actividades relfectidas nos contidos da páxina.
A reunión rematou cunha convidación aos pais e nais a participar e a colaborar na páxina, aportando comentarios e suxerencias que axuden a mellorar a páxina, e o Portal do C.R.A. de Rianxo.
Tobías Betanzos Rego
- APIs de Blogue
CONTACONTOS
OLA AMIGOS E AMIGAS:
VIÑERONNOS AVISAR DO CONCELLO QUE ESTE SÁBADO DÍA 13 DE DECEMBRO HABERÁ DÚAS SESIÓNS DE CONTACONTOS, ÁS DEZ E MEDIA E AS DOCE E MEDIA DA MAÑÁN, A CARGO DE CARME DOMECH ( POR CERTO, A CREADORA DA EXPOSICIÓN " BIBLIOTECA DE LIBROS FANTÁSTICOS ").
OS QUE XA TIVEMOS O PRACER DE VER E ESCOITAR A CARMEN SABEMOS QUE MAÑÁ OFRECERANOS UNHA NOVA OPORTUNIDADE PARA DISFUTAR DOS CONTOS.
NON DEIXEDES DE IR!!
DANIEL.
- APIs de Blogue
" BIBLIOTECA DE LIBROS FANTÁSTICOS"
ACABO DE RECIBIR A NOVA DE QUE NO RECÉN ESTREADO AUDITORIO DE RIANXO VAISE REALIZAR A EXPOSICIÓN
" BIBLIOTECA DE LIBROS FANTÁSTICOS "
PROMOVIDA POLA DIRECCIÓN XERAL DE CREACIÓN E DIFUSIÓN CULTURAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE.
A EXPOSICIÓN PODERÉMOLA VISITAR DENDE O 1 Ó 29 DE DECEMBRO, DE LUNS A VENRES EN HORARIO DE 10 A 14 H E DE 17 A 20 HORAS.
ISTO SÍ QUE É FANTÁSTICO!!
UNHA APERTA, DANIEL.
- APIs de Blogue
BABAR, O ELEFANTIÑO
O XOVES DÍA 4 DE DECEMBRO OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DE TÓDALAS ESCOLAS DO C.R.A. IREDES AO AUDITORIO DE SANTIAGO A VER E ESCOITAR "BABAR".
CANTO ME ALEGRA!
ESPERO VER NESTAS PÁXINAS UN BÓ FEIXE DE NOTICIAS E DEBUXOS SOBRE ESTE ELEGANTE ELEFANTIÑO!
E SE QUEREDES SEGUIR GOZANDO DE BABAR TODO O ANO PEDÍDELLE AS VOSAS PROFES QUE VOS LEVEN EN PRÉSTAMO DA BIBLIOTECA DE ASADOS O FERMOSO CONTO
" HISTORIA DE BABAR EL ELEFANTITO "
DO AUTOR FRANCÉS JEAN DE BRUNHOFF, PUBLICADO POLA EDITORIAL ALFAGUARA. PARA OS VOSOS COMPAÑEIROS MÁIS PEQUERRECHOS PODÉDESLLES PEDIR TAMÉN ALGÚN DOS TÍTULOS DA COLECCIÓN BABAR PUBLICADOS EN GALEGO POLA EDITORIAL BEASCOA.
ESPERO RECIBIR PRONTO NOVAS VOSAS.
UNHA APERTA.
DANIEL.
( CASE ME ESQUEZO! TENDES XA NAS ESCOLAS OS CARNÉS DO NOSO CLUB DE LECTORES? E OS CADERNOS DE TRABALLO ? CONTÁDEME, CONTÁDEME!)
DANIEL
XA CHEGOU O SAN MARTIÑO
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- seguinte ›
- última »